Os estudos de caso (I): As Brañas de Laíño

Localizadas á beira do río Ulla, xa no seu curso final, ben preto da desembocadura na ría de Arousa, as Brañas de Laíño (Dodro) representan unha das maiores zonas húmidas de Galicia. Historicamente o seu uso foi comunal, aínda que na actualidade non son recoñecidas oficialmente como espazo comunal, como é o caso dos montes de Baroña ou de Froxán, nin teñen actualmente manexo por parte dos veciños.

As intervencións recentes que se deron neste espazo foron, polo tanto, de tipo biolóxico e coordinadas desde a administración estatal.

As Brañas de Laíño conforman unha área de especial valor en termos ambientais, hábitat de numerosas aves, algunhas delas cun estado de conservación preocupante ou mesmo ameazadas, o que a levou a ser distinguida como LIC (Lugar de Interese Comunitario) e a ser merecedora de protección pola Rede Natura 2000, actualmente ZEC (Zona de Especial Conservación). No que respecta ao seu manexo e titularidade, tras a concentración parcelaria impulsada polos veciños pasaron, anos máis tarde, a estar afectadas pola Lei de Costas do Estado, un proceso de apropiación e restricción de usos cuxa conflitividade e consecuencias teranse que calibrar. As intervencións recentes que se deron neste espazo foron, polo tanto, de tipo biolóxico e coordinadas desde a administración estatal. Esta é a grandes rasgos a situación actual, mais historicamente, as brañas foron outra cousa.

Non é casual que en Laíño se fundasen dúas das primeiras cooperativas leiteiras de Galicia (1932); tampouco que enfronte si ubicase a Nestlé (1933); e que a exportación do gando, como é o caso dos bois cebóns, fose tan relevante dende o século XIX.

Esenciais para o funcionamento do agroecosistema nas parroquias de Laíño (San Xoán e San Xulián) e Dodro (Santa María), as brañas estaban divididas en dúas grandes áreas. A parte máis próxima ás aldeas eran as chamadas campías, cuxo uso —por exemplo, para a plantación de cereal— estaba vinculado a cada casa, mentres que a zona que se atopa máis perto do río é a propia braña, de manexo colectivo é recoñecida polo gran valor da súa herba, óptima para a cría de gando. Non é casual que en Laíño se fundasen dúas das primeiras cooperativas leiteiras de Galicia (1932); tampouco que enfronte si ubicase a Nestlé (1933); e que a exportación do gando, como é o caso dos bois cebóns, fose tan relevante dende o século XIX. Porén, a pesar de todo isto, hoxe en día a situación das brañas pode ser resumida cunhas palabras ben distintas: abandono e caos.

Publicacións relacionadas

A Comunidade de Montes de Baroña (Porto do Son), xestiona 846 hectáreas. Na súa asamblea son 186 as casas que constan como comuneiras e no seu manexo fan unha clara aposta polo aproveitamento multifuncional do monte.
09/02/24 | O Laboratorio recibe 2 millóns de euros para a xestión sustentable do territorio, tras ser seleccionado na convocatoria de bioeconomía forestal de Fundación Biodiversidad.
Unha parte substancial do territorio ocupado polos montes (máis de dous millóns de hectáreas en total), maioritaria de feito en moitas comarcas da metade sur de Galicia, está xestionada por comunidades de montes veciñais en mancomún, unha figura pouco coñecida, a pesar de que engloba a medio millón de propietarios en común; unha quinta parte dos habitantes de Galicia.
Educación para a transformación do territorio: a experiencia do IES Félix Muriel de Rianxo Laboratorio Ecosocial do Barbanza – HISTAGRA / GESPIC A finais de marzo de 2019, o fume …
O Laboratorio Ecosocial do Barbanza ten un ollo posto no pasado e busca imaxinar un futuro sustentable partindo dunha herdanza biocultural que aínda subxace nas comunidades que habitan o territorio.
Máis ca leña: como pensar o monte de novo? Laboratorio Ecosocial do Barbanza – HISTAGRA / GESPIC Ás veces unha iniciativa aparentemente pequena, se a ollamos en termos de superficie …