Xornada de eliminación de acacia no monte de Campelo, o Vilar e Cerqueiras
O Laboratorio Ecosocial do Barbanza convoca unha nova actividade en Rianxo, que nesta ocasión terá lugar no monte de Campelo, o Vilar e Cerqueiras.
1 de xullo 2024 — O Laboratorio Ecosocial do Barbanza convoca unha nova xornada de voluntariado en Rianxo, actuando esta vez no monte de Campelo, o Vilar e Cerqueiras.
A actividade terá lugar na mañá do sábado 13 de xullo e centrará o seu traballo na eliminación de acacia para recuperar o bosque autóctono nos montes de Rianxo. A xornada está aberta á participación de todos os públicos e idades e dará comezo ás 9.30 desde o punto de auga no acceso a Cerqueiras e Vilar. É necesaria inscrición para participar, que deberá realizarse enviando un mail a info@montescola.org ata o xoves 10 inclusive. Ao rematar os traballos ofrecerase un petisco para as persoas participantes.
Coordinada por Montescola –entidade a cargo das actividades de prospectiva comunitaria, voluntariado e educación medioambiental do Laboratorio Ecosocial do Barbanza–, a xornada conta tamén coa colaboración da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Campelo, o Vilar e Cerqueiras.
—
O Laboratorio Ecosocial do Barbanza conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.