O futuro do Barbanza é ecosocial
O Laboratorio Ecosocial do Barbanza recibe un impulso de 2 millóns de euros para a xestión sustentable do territorio coas comunidades locais, tras ser seleccionado na convocatoria de proxectos de bioeconomía forestal de la Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO).
9 de febreiro 2024 — Tomando o traballo previo do Laboratorio Ecosocial do Barbanza dos últimos catro anos como punto de partida, a proposta seleccionada pola convocatoria de axudas para o fomento da bioeconomía forestal da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) é froito do traballo conxunto de Fundación RIA, Plataforma pola Defensa do Monte a CMVMC de Baroña, Universidade de Santiago (CISPAC e grupos HISTAGRA e UXAFORES), Universidad Pablo de Olavide de Sevilla, Fundación Montescola e Concello de Rianxo suman forzas para poñer en marcha este proxecto transformador.
Cos obxectivos de xerar emprego e oportunidades económicas, conservar a biodiversidade e previr incendios forestais, nestes dous anos intervirase nos montes para reactivar áreas abandonadas, introducir gandería rexenerativa e aproveitar e transformar os recursos de forma sustentable; xeraranse capacidades a través dun programa de talleres formativos, accións educativas e voluntariado ambiental; avaliaranse as capacidades da xestión comunitaria do territorio, do aproveitamento enerxético colectivo, así como as posibilidades en materia de rexeneración de solos e captura de carbono; e comunicarase todo o proceso para que poida servir de inspiración a outros territorios e informar políticas públicas
Apoio do proxecto
O Laboratorio Ecosocial do Barbanza conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio
para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de
Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión
Europea – NextGenerationEU.
Á convocatoria de bioeconomía forestal de Fundación Biodiversidad presentáronse 144 proxectos, dos que 56 recibirán a subvención solicitada, con puntuacións comprendidas entre os 66 e os 83 puntos. O Laboratorio Ecosocial do Barbanza obtivo 75 puntos, situándose no posto número 16.
Información adicional
Fundación Biodiversidad del Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO)
Resolución da convocatoria de bieconomía forestal
Páxina do proxecto na web de Fundación Biodiversidad
Nota de prensa completa relativa á presentación do proxecto