O territorio
O mapa interactivo recolle os avances da investigación do Laboratorio, pero tamén permite consultar unha gran cantidade de información xeográfica sobre usos do solo, parcelario, toponimia e montes en mancomún, así como visualizar os cambios que tiveron lugar no territorio durante as últimas décadas.
Para a elaboración do mapa interactivo contamos coa colaboración do Instituto de Estudos do Territorio da Xunta de Galicia, que cedeu baixo unha licenza Creative Commons Attribution International “CC-BY 4.0 INT” a información cartográfica amosada.
Ferramentas do mapa

Lenda
Permite identificar a que capa de información xeográfica pertence cada entidade segundo a súa aparencia.

Capas
Selecciona que capas son visibles no mapa e edita a súa aparencia.

Marcadores
Vistas preestablecidas para facilitar a consulta de información das tres áreas de estudo.

Medición
Mide distancias e superficies na unidade seleccionada.

Comparador
Facilita a identificación de cambios no territorio mediante a comparación de fotografías aéreas de distintas épocas.

Mapas base
Elixe o mapa base sobre o que mostrar a información.

Imprimir
Imprime a vista actual do mapa no formato seleccionado.

Compartir
Comparte o mapa por correo electrónico, en redes sociais, ou engádeo ó teu sitio web.