Que é o Laboratorio?













Entre os principais logros do proxecto acadados nos últimos anos destacan a planificación conxunta de máis de 2.000 hectáreas, os traballos silvícolas realizados en máis de 500 hectáreas, a participación de 600 persoas voluntarias en accións de rexeneración ambiental e o desenvolvemento de liñas de investigación centradas na avaliación dos servizos ecosistémicos e na rehabilitación de solos.
Que está a pasar no Laboratorio?
Actuando no territorio
O Barbanza, ademais de ser un espazo habitado por veciños e veciñas, cos seus saberes e lóxicas de manexo, tamén é un espazo xeográfico. A través do Mapa Interactivo pódense comprender as múltiples capas que hai na interacción sociedade-territorio, así como as actuacións do proxecto no Barbanza.
Cando eramos sostibles, o libro do Laboratorio
A primeira fase do Laboratorio Ecosocial do Barbanza culminou coa publicación de “Cando eramos sostibles: Aprendendo do Barbanza as claves do futuro”, que recolle as conclusións dos tres primeiros anos de traballo do proxecto.
El libro está dispoñible –en galego, castelán ou inglés– tanto para a súa consulta online como para a súa compra en formato físico por un prezo de 15€ sen ánimo de lucro.
Este importe permítenos cubrir os gastos de produción e aportar 10€ por cada exemplar vendido para a financiación de iniciativas agrícolas, gandeiras, forestais ou culturais sustentables no Barbanza.
Portal de contratación
O Laboratorio Ecosocial do Barbanza contempla a contratación de diferentes perfís profesionais por parte das comunidades de montes participantes, así como a subcontratación de numerosos paquetes de servicios forestais.
Biblioteca dixital
Neste apartado podes consultar e descargar os documentos xerados no marco do proxecto do Laboratorio Ecosocial do Barbanza.