Primeira reunión de entidades socias

As seis entidades socias do Laboratorio Ecosocial del Barbanza reúnense en Rianxo para dar inicio a unha nova fase do proxecto, ao abeiro da Fundación Biodiversidad del Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO).

27 de febreiro 2024 — Tras a resolución da convocatoria de proxectos de bioeconomía forestal de Fundación Biodiversidad del Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) na que a proposta do Laboratorio Ecosocial do Barbanza foi seleccionada cunha axuda de case 2 milllóns de euros, o proxecto dá paso a unha nova fase coa vocación de converterse no catalizador para unha transformación resiliente e sustentable na península do Barbanza.

A primeira reunión de entidades socias, que tivo lugar no auditorio de Rianxo, marca o inicio desta nova etapa. Forman parte do proxecto seleccionado por Fundación Biodiversidad como socias e participaron na reunión: 

Fundación RIA, entidade coordinadora do proxecto e responsable da gobernanza do partenariado e a comunicación

Plataforma pola Defensa do Monte e as Comunidades de Montes Veciñais en Man Común de Araño, Campelo, Isorna, Leiro, O Fieitoso de Taragoña, Paradela; a cargo da planificación e xestión sustentable do territorio

Universidade de Santiago de Compostela, a través dos grupos HISTAGRA, para a avaliación da sustentabilidade na xestión comunitaria e aproveitamento enerxético colectivo, e UXAFORES, para a rexeneración de solos e captura de carbono.

Universidad Pablo Olavide de Sevilla, encargada da avaliación da sustentabilidade na xestión comunitaria

Fundación Montescola, a cargo das actividades de prospectiva comunitaria, voluntariado e educación medioambiental

Concello de Rianxo, como entidade responsable do programa de talleres formativos e no apoio á coordinación

Este primer encontro ao abeiro da convocatoria da Fundación Biodiversidad dá o pistoletazo de saída a dous anos de actuacións que promoverán la xestión multifuncional e a custodia colectiva do territorio no Barbanza, fomentando a biodiversidade, a economía circular e a creación de emprego verde.

Noticias relacionadas

09/02/24 | O Laboratorio recibe 2 millóns de euros para a xestión sustentable do territorio, tras ser seleccionado na convocatoria de bioeconomía forestal de Fundación Biodiversidad.
08/04/24 | O Laboratorio pon en marcha unha serie de xornadas de voluntariado no Barbanza co el obxectivo de implicar á cidadanía na recuperación da biodiversidade.
01/06/24 | O Laboratorio Ecosocial do Barbanza convoca unha nova actividade en Rianxo, que nesta ocasión terá lugar no monte de Campelo, o Vilar e Cerqueiras.
10/03/24 | Xa está en marcha a plataforma de contratación, un portal de emprego verde para fortalecer a economía local do Barbanza.
29/08/24 | O equipo do Laboratorio visita A Fusquenlla, referente na transformación de produtos agroalimentarios.