O Laboratorio lanza a súa plataforma de contratación
O Laboratorio Ecosocial do Barbanza pon en marcha unha plataforma de contratación co obxectivo de fortalecer a economía local do Barbanza e facilitar a transparencia do proxecto.
10 de marzo 2024 — O Laboratorio Ecosocial do Barbanza contempla a contratación de diferentes perfís profesionais por parte das comunidades de montes socias, como gandeiros ou traballadores do centro de transformación de produtos, así como a subcontratación de numerosos paquetes de servicios forestais, como rozas, podas ou plantacións. Unha nova sección na páxina web do Laboratorio servirá como plataforma de contratación e bolsa de traballo, permitindo aos diferentes candidatos presentar as súas ofertas aos postos ou traballos anunciados.
Todos os detalles das ofertas e as indicacións para a presentación de propostas pódense consultar a través do siguiente enlace: Plataforma de contratación – Laboratorio Ecosocial do Barbanza. Esta páxina será actualizada periódicamente para incluir as novas oportunidades, que también se publicitarán a través das redes sociaos del Laboratorio.