O Laboratorio

Unha iniciativa transformadora que, de xeito colaborativo e multidisciplinar, traballa xunto ás comunidades locais por impulsar unha transición cara á sustentabilidade medioambiental e aumentar a resiliencia na xestión territorial dos montes do Barbanza.

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza é unha iniciativa da Fundación RIA e do grupo de investigación Histagra da USC, que naceu en 2020 co obxectivo de promover unha reactivación sostible do territorio a partir do coñecemento das comunidades locais.

Ao longo destes catro anos, o proxecto foi medrando en rede, incorporando axentes do territorio: comunidades de montes, universidades, administracións e outras entidades do terceiro sector.

Fruto de este esfuerzo colectivo, a comienzos de 2024 el proyecto recibió un impulso de 2 millones de euros de fondos europeos gracias a las ayudas para el fomento de la bioeconomía forestal de la Fundación Biodiversidad del Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO).

Fundación RIA coordina este proyecto, integrado por la Plataforma por la Defensa del Monte, la Universidad de Santiago de Compostela —a través del CISPAC y los grupos de investigación Histagra y Uxafores—, la Universidad Pablo de Olavide, el Ayuntamiento de Rianxo y la Fundación Montescola.

A importancia do proxecto radica no seu potencial para cambiar o paradigma da xestión forestal no Barbanza, fomentando a biodiversidade, a economía circular e a creación de emprego verde. 

Ao combinar ciencia, compromiso comunitario e unha visión de xestión sostible do territorio, o Laboratorio aspira a ser un catalizador para unha transformación resiliente e sostible na península do Barbanza.

As accións do proxecto buscan promover a diversificación de usos dos montes, recuperando áreas degradadas e potenciando a súa produtividade para xerar valor engadido mediante a obtención e transformación de materias primas, contribuíndo así á prevención de incendios.

Optimizarase a xestión, aproveitamento e transformación de recursos madeireiros e non madeireiros, fomentando a creación de valor, oportunidades de emprego e reforzando o vínculo entre sociedade e territorio a través de accións de formación, voluntariado e educación.

Estes obxectivos estrutúranse en torno a sete liñas de acción, coordinadas polas distintas entidades socias do proxecto:

Avaliación da sustentabilidade e comunidade enerxética

Acción 1 | Universidade de Santiago de Compostela e Universidad Pablo de Olavide de Sevilla

A transición cara a modelos de xestión multifuncional dos montes veciñais require instrumentos de avaliación que poidan ser utilizados directamente polas comunidades para tomar decisións informadas. Nese sentido, o Laboratorio propón un modelo de avaliación participativa, no que as comunidades forman parte activa —xunto cos equipos universitarios— tanto na recollida de datos como na análise dos resultados, mediante procesos adaptados ao contexto local.

A Universidade de Santiago de Compostela —a través dos grupos Histagra e CISPAC— estuda as comunidades de montes co obxectivo de construír modelos sostibles a partir de encontros, entrevistas e visitas de campo. Este traballo permite definir unha metodoloxía replicable noutras comunidades. En paralelo, estanse a impulsar comunidades enerxéticas no Barbanza, cun primeiro estudo desenvolvido en Baroña.

Proceso participativo de avaliación

Baroña - Laboratorio Ecosocial do Barbanza @Adrián Capelo

Incremento do valor engadido ao territorio

Accións 2 e 3 | Plataforma pola Defensa do Monte

Estas liñas de acción teñen como obxectivo poñer en produción espazos infrautilizados ou en estado de abandono, mediante a eliminación de especies invasoras, a restauración de hábitats, a introdución de gando en réxime extensivo, a realización de plantacións diversas e o reforzo de infraestruturas de protección contra incendios.

Neste marco, a Plataforma pola Defensa do Monte impulsa un plan de ordenación conxunta e desenvolve accións piloto de xestión activa do territorio. En paralelo, coordina —en colaboración coa Comunidade de Montes de Baroña— a posta en marcha dun Centro de Transformación Colaborativo de Alimentos orientado á proteína animal, en conexión coas gandarías locais. Ademais, promóvese entre as comunidades de montes a valorización da madeira e dos residuos orgánicos, fomentando a innovación, a creación de emprego e a formación vencellada ao aproveitamento e transformación de materias primas.

Posta en produción
Loita contra a propagación de especies invasoras, rehabilitación de solos, gandería rexenerativa, plantacións diversificadas

Aproveitamento de materias primas
Obtención de madeira de calidade, recollida de froitos, extracción de resina, produción de mel, recolección de cogomelos

Transformación de materias primas 
Serrado de madeira para táboas; elaboración, envasado e certificación de produtos alimentarios; compostaxe

Montes de Rianxo @Laboratorio Ecosocial do Barbanza

Suelos y captura de carbono

Acción 4 | Universidade de Santiago de Compostela

A través da rehabilitación dos solos e o fomento da biodiversidade nos montes veciñais, esta liña de acción busca reforzar a súa capacidade de captura de carbono e mellorar a saúde e resiliencia dos ecosistemas.

Neste contexto, o proxecto céntrase na aplicación de enmendas orgánicas baseadas en residuos e subprodutos como alternativa aos fertilizantes inorgánicos, avaliando o seu impacto en colaboración co grupo UXAFORES da Universidade de Santiago de Compostela. Ao mesmo tempo, analízase o potencial destas prácticas para a xeración e comercialización de créditos de carbono mediante unha xestión forestal máis sostible. O proceso complétase con xornadas educativas dirixidas ás comunidades de montes e outros axentes implicados.

Captura de carbono e rehabilitación de solos

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Comunicación y educación

Acción 5 | Fundación Montescola

O proxecto intégrase activamente nas dinámicas sociais locais, implicando de maneira directa ás comunidades participantes. A través de programas de formación, voluntariado e educación ambiental, o Laboratorio capacita e empodera ás comunidades, promove a súa participación na xestión activa do territorio e sente as bases para unha maior conciencia ambiental entre as xeracións máis novas.

Neste ámbito, o Concello de Rianxo desenvolve actividades formativas, mentres que a Fundación Montescola impulsa liñas de traballo orientadas a reforzar a xestión comunitaria dos montes e fomentar a resiliencia fronte aos retos ambientais presentes e futuros.

Formación, voluntariado e traballo en rede

_Y4A9776

Comunicación e gobernanza

Accións 6 e 7 | Fundación RIA

De forma transversal, a acción de comunicación do proxecto busca sensibilizar e mobilizar á comunidade local e ao conxunto da cidadanía, promovendo a comprensión e o compromiso cunha bioeconomía sostible e resiliente. Para iso, refórzase a súa presenza pública e documéntase todo o proceso, facilitando o acceso aberto ao coñecemento xerado.

Ao mesmo tempo, garántese unha coordinación eficaz, tanto técnica como financeira, que asegura o bo desenvolvemento do proxecto e apoia ás entidades socias mediante contratacións compartidas e recursos económicos específicos.

Divulgación, coordinación e seguimento

_Y4A8688

Desde febrero de 2024, las entidades socias del proyecto han trabajado de forma coordinada, lo que ha permitido alcanzar los siguientes hitos:

Prevención de incendios e multifuncionalidade forestal

–  Xestión de biomasa forestal en máis de 200 hectáreas.

–  3.000 castiñeiros plantados en Rianxo.

–  Rabaño mancomunado de 80 cabras (con previsión de acadar as 200), contribuíndo ao manexo do territorio.

–  Plan de ordenación conxunta de 6 comunidades de montes.

–  Posta en marcha dunha comunidade enerxética para producir, consumir e vender enerxía renovable de forma colectiva.

–  Elaboración de 30 m³ de compost e sesións formativas con 8 comunidades de montes.

–  Uso colectivo dun aserradoiro portátil en 5 demostracións prácticas.

 

Creación de emprego verde

–  Adxudicación de 8 lotes de traballos forestais a 6 empresas locais, por máis de 400.000 €.

–  Contratación de 6 persoas grazas ao proxecto.

–  Contratación de servizos de asesoramento a 4 entidades.

 

Investigación e implicación comunitaria

–  Participación das comunidades de montes en investigacións sobre modelos de gobernanza sostible.

–  Ensaios de restauración de solos en 64 parcelas.

–  Máis de 480 persoas participaron en 19 actividades de voluntariado ambiental.

–  Implicación de máis de 100 estudantes de centros educativos da contorna.

–  Máis de 45 entrevistas e 11 acordos de colaboración con axentes locais.