Que está a pasar no Laboratorio?

Mantente ao tanto dos progresos do proxecto e consulta as próximas actividades programadas no Barbanza, os eventos realizados e as últimas novidades.

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza impulsa un diálogo aberto sobre o papel da madeira galega na transición ecolóxica

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza impulsa un diálogo aberto sobre o papel da madeira galega na transición ecolóxica

31/10/25 | A Fundación RIA, entidade coordinadora do Laboratorio Ecosocial do Barbanza, organiza unha mesa redonda que busca promover o debate social e o intercambio de coñecemento arredor da madeira de proximidade como recurso estratéxico para o futuro do territorio.

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza impulsa un mes de plantacións de frondosas autóctonas

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza impulsa un mes de plantacións de frondosas autóctonas

12/11/25 | Durante novembro e decembro, impulsanse accións de plantación de frondosas autóctonas coordinadas pola Fundación Montescola, en colaboración con centros educativos e entidades locais.

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza impulsa un diálogo aberto sobre o papel da madeira galega na transición ecolóxica

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza impulsa un diálogo aberto sobre o papel da madeira galega na transición ecolóxica

31/10/25 | A Fundación RIA, entidade coordinadora do Laboratorio Ecosocial do Barbanza, organiza unha mesa redonda que busca promover o debate social e o intercambio de coñecemento arredor da madeira de proximidade como recurso estratéxico para o futuro do territorio.

O MITECO distingue o Laboratorio Ecosocial do Barbanza como unha das 39 iniciativas exemplares do Plan de Recuperación

O MITECO distingue o Laboratorio Ecosocial do Barbanza como unha das 39 iniciativas exemplares do Plan de Recuperación

12/09/25 | O Laboratorio Ecosocial do Barbanza foi recoñecido polo MITECO como unha das 39 iniciativas exemplares na execución do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), seleccionada entre máis de 1.000 proxectos subvencionados en toda España.

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza organiza en Isorna un obradoiro para imaxinar o futuro dos montes

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza organiza en Isorna un obradoiro para imaxinar o futuro dos montes

12/08/25 | O xoves 21 de agosto na Casa da República de Isorna (Rianxo) organízase un obradoiro de prospectiva comunitaria para imaxinar colectivamente o futuro dos montes e definir accións concretas para facelo realidade. A actividade está coordinada pola Fundación Montescola, no marco do proxecto do Laboratorio Ecosocial do Barbanza.

Deseucaliptización e visita ambiental nos montes de Froxán

Deseucaliptización e visita ambiental nos montes de Froxán

17/06/25 | O Laboratorio Ecosocial do Barbanza organiza unha xornada de voluntariado para a eliminación de eucaliptos nos terreos do monte veciñal de Froxán, Lousame. Esta actividade está coordinada pola Fundación Montescola, en colaboración coa CMVMC de Froxán.

Coñecer para coidar: dous Bioblitz en Rianxo axudan a recoñecer a biodiversidade local

Coñecer para coidar: dous Bioblitz en Rianxo axudan a recoñecer a biodiversidade local

05/06/25 | A Fundación Montescola organizou esta primavera, no marco do Laboratorio Ecosocial do Barbanza, dúas xornadas de Bioblitz no concello de Rianxo. Estas actividades están orientadas a introducir novas ferramentas que contribúan á xestión sustentable dos ecosistemas e ao fortalecemento da conexión entre territorio e comunidade.

O Laboratorio devolveu ás comunidades os resultados da análise da sustentabilidade dos seus montes

O Laboratorio devolveu ás comunidades os resultados da análise da sustentabilidade dos seus montes

05/06/25 | A Universidade de Santiago —a través do Grupo Histagra e o CISPAC—, a Universidade de Pablo de Olavide, no marco do proxecto Laboratorio Ecosocial do Barbanza, desenvolveron unha metodoloxía específica para montes veciñais, combinando fontes históricas, traballo de campo e indicadores ambientais, sociais e económicos.

Curso gratuíto sobre implantación de terreos forestais en Rianxo

Curso gratuíto sobre implantación de terreos forestais en Rianxo

30/05/25 | Aberta a inscrición para unha nova formación gratuíta sobre implantación de terreos forestais, enmarcada no programa Accións formativas vinculadas á xestión e aproveitamento do monte, coordinado polo Concello de Rianxo no marco do Laboratorio Ecosocial do Barbanza.

Obradoiro para imaxinar o futuro dos montes veciñais de Leiro

Obradoiro para imaxinar o futuro dos montes veciñais de Leiro

28/05/25 | O Laboratorio Ecosocial do Barbanza organiza en Leiro un obradoiro de prospectiva comunitaria para imaxinar colectivamente o futuro dos seus montes e definir accións concretas para facelo realidade. A actividade está coordinada pola Fundación Montescola, responsable do deseño desta metodoloxía no marco do proxecto.

Escola aberta e con fume: Caderno para profesorado de Educación Secundaria

Escola aberta e con fume: Caderno para profesorado de Educación Secundaria

27/05/25 | O Laboratorio presenta unha nova guía pedagóxica do proxecto Escola aberta e con fume, coordinado pola Fundación Montescola. Este caderno de actividades escolares está dirixido ao profesorado de Educación Secundaria.

Escola aberta e con fume: Caderno para profesorado de Educación Primaria

Escola aberta e con fume: Caderno para profesorado de Educación Primaria

20/05/25 | O Laboratorio presenta o seu caderno de actividades escolares dirixido ao profesorado do 3º ciclo de Educación Primaria. Esta ferramenta educativa forma parte do proxecto Escola aberta e con fume, coordinado pola Fundación Montescola, e ten como obxectivo sensibilizar o alumnado sobre o coidado sostible dos montes galegos a través de propostas didácticas amenas, prácticas e adaptadas ao seu contorno.

A madeira como motor local: o Araño acolle a terceira xornada de transformación do Laboratorio Ecosocial do Barbanza

A madeira como motor local: o Araño acolle a terceira xornada de transformación do Laboratorio Ecosocial do Barbanza

08/05/25 | Este sábado 10 de maio celébrase no Campo da Festa do Arañoa terceira xornada de transformación de madeira en Rianxo enmarcada dentro das actividades do Laboratorio Ecosocial do Barbanza, e organizada pola Plataforma pola Defensa do Monte, en colaboración coas comunidades de montes do Araño e Baroña, e a Asociación Cultural A Carballeira de Baia.

Bioblitz en Leiro: ciencia cidadápara descubrir a biodiversidade local

Bioblitz en Leiro: ciencia cidadápara descubrir a biodiversidade local

28/04/25 | O Laboratorio Ecosocial do Barbanza organiza unha xornada de identificación participativa de biodiversidade, coordinada por Fundación Montescola coa colaboración da CMVMC de Leiro.

Achegando valor na madeira de Rianxo: dúas xornadas abertas en Leiro e Araño

Achegando valor na madeira de Rianxo: dúas xornadas abertas en Leiro e Araño

18/04/25 | A Plataforma pola Defensa do Monte organiza dúas xornadas en Leiro e Araño para promover o aproveitamento local da madeira mediante o uso dun serradoiro portátil, ofrecendo demostracións prácticas, actividades abertas á veciñanza e a posibilidade de transformar madeira propia.

Bioblitz no Araño: ciencia cidadá para descubrir a biodiversidade local

Bioblitz no Araño: ciencia cidadá para descubrir a biodiversidade local

14/04/25 | O Laboratorio Ecosocial do Barbanza organiza unha xornada de identificación participativa de biodiversidade, coordinada por Fundación Montescola coa colaboración da CMVMC do Araño.

Voluntariado, xantar e festa popular no monte de Araño

Voluntariado, xantar e festa popular no monte de Araño

07/04/25 | O Laboratorio Ecosocial do Barbanza organiza unha xornada de voluntariado para a eliminación de acacia nos terreos do monte veciñal do Araño. Esta actividade está coordinada pola Fundación Montescola, en colaboración coa CMVMC de Araño e a Asociación Cultural A Carballeira de Baia.

Aproveitamento sostible do monte e transformación da madeira a escala local

Aproveitamento sostible do monte e transformación da madeira a escala local

31/03/25 | A xornada sobre transformación da madeira celebrada este sábado en Baroña puxo en valor o aproveitamento sostible do monte a escala local. Foi organizada pola Plataforma pola Defensa do Monte xunto á Comunidade de Montes de Baroña, no marco do proxecto Laboratorio Ecosocial do Barbanza.

Baroña acolle unha nova xornada sobre o uso sostible da madeira no marco do Laboratorio Ecosocial do Barbanza

Baroña acolle unha nova xornada sobre o uso sostible da madeira no marco do Laboratorio Ecosocial do Barbanza

21/03/25 | O vindeiro sábado 29 de marzo, a Casa Forestal de Baroña, en Porto do Son, acollerá unha xornada arredor do mundo da madeira, organizada pola Plataforma pola Defensa do Monte dentro do proxecto Laboratorio Ecosocial do Barbanza, contando coa colaboración da Comunidade de Montes de Baroña.

Obradoiro de prospectiva comunitaria para imaxinar colectivamente o futuro dos montes

Obradoiro de prospectiva comunitaria para imaxinar colectivamente o futuro dos montes

04/03/25 | O Laboratorio Ecosocial do Barbanza organiza en Baroña un obradoiro de prospectiva comunitaria para imaxinar colectivamente o futuro dos seus montes e definir accións concretas para facelo realidade. A actividade está coordinada pola Fundación Montescola, responsable do deseño desta metodoloxía innovadora no marco do proxecto.

Guía de facilitación para imaxinar os montes veciñais do futuro

Guía de facilitación para imaxinar os montes veciñais do futuro

04/03/25 | O Laboratorio crea unha metodoloxía para imaxinar colectivamente o futuro dos seus montes e definir accións concretas para facelo realidade, coordinada pola Fundación Montescola, responsable do deseño desta metodoloxía innovadora dentro do marco do proxecto.

Encontro dos proxectos galegos de impulsados pola Fundación Biodiversidade

Encontro dos proxectos galegos de impulsados pola Fundación Biodiversidade

28/02/25 | O mércores 26 de febreiro, os proxectos seleccionados pola Fundación Biodiversidade do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO), desenvolverán un encontro en Rianxo.

Educando para un futuro sostible dos montes de Rianxo

Educando para un futuro sostible dos montes de Rianxo

28/02/25 | O Laboratorio Ecosocial do Barbanza organiza a cuarta xornada educativa no mes de febreiro en colaboración con centros do municipio de Rianxo e coordinadas pola Fundación Montescola.

Implicación veciñal no avance da transición enerxética local en Baroña

Implicación veciñal no avance da transición enerxética local en Baroña

21/02/25 | O pasado mércores 19 de febreiro celebrouse en Baroña o terceiro encontro aberto para a creación dunha comunidade enerxética no Barbanza, coordinada pola USC (a través do CISPAC e o grupo de investigación Histagra) coa colaboración do Observatorio Eólico de Galicia.

Continúan as xornadas educativas en Rianxo organizadas polo Laboratorio

Continúan as xornadas educativas en Rianxo organizadas polo Laboratorio

20/02/25 | O Laboratorio Ecosocial do Barbanza organiza a terceira xornada educativa desta semana en colaboración con centros do municipio de Rianxo. Estas accións están coordinadas pola Fundación Montescola, que busca sensibilizar ás novas xeracións sobre a importancia da xestión sostible dos nosos montes.

Mellorando a fertilidade do solo con estudantes do IES Félix Muriel en Rianxo

Mellorando a fertilidade do solo con estudantes do IES Félix Muriel en Rianxo

17/02/25 | O pasado 13 de febreiro, tivo lugar unha xornada para mellorar a fertilidade do solo en Rianxo na que participaron alumnos do IES Félix Muriel. Esta acción estivo coordinada pola USC (a través do grupo de investigación UXAFORES) e contou coa colaboración da Plataforma pola Defensa do Monte.

Terceiro encontro aberto do Laboratorio Ecosocial para impulsar unha comunidade enerxética no Barbanza

Terceiro encontro aberto do Laboratorio Ecosocial para impulsar unha comunidade enerxética no Barbanza

14/02/25 | O vindeiro mércores 19 de febrero celebrarase en Baroña o terceiro encontro aberto sobre a creación dunha comunidade enerxética no Barbanza, coordinada pola A USC (a través do CISPAC e o grupo de investigación Histagra) coa colaboración do Observatorio Eólico de Galicia.

As mulleres no sector primario: dúas accións educativas en Rianxo

As mulleres no sector primario: dúas accións educativas en Rianxo

13/02/25 | O Laboratorio Ecosocial do Barbanza organiza dúas xornadas educativas que poñen en valor o papel das mulleres no sector primario, coordinadas pola Fundación Montescola.

Unha proba piloto en Baroña para a valorización de residuos forestais

Unha proba piloto en Baroña para a valorización de residuos forestais

31/01/25 | O Laboratorio Ecosocial do Barbanza promove a transformación e valorización dos recursos forestais a través da compostaxe nas comunidades de montes, aproveitando os residuos agrogandeiros e forestais locais para unha xestión multifuncional dos montes, fertilización de plantacións forestais e recuperación de solos degradados.

O Laboratorio avanza na consolidación dunha comunidade enerxética no Barbanza

O Laboratorio avanza na consolidación dunha comunidade enerxética no Barbanza

30/01/25 | Este martes 28 de xaneiro celebrouse o segundo encontro aberto sobre a creación dunha comunidade enerxética no Barbanza, coordinada pola Universidade de Santiago de Compostela (a través do CISPAC e o grupo de investigación Histagra) en colaboración co Observatorio Eólico de Galicia.

Profesionais gastronómicos colaboran co Centro de Transformación de Alimentos de Baroña no desenvolvemento de novos produtos

Profesionais gastronómicos colaboran co Centro de Transformación de Alimentos de Baroña no desenvolvemento de novos produtos

17/01/25 | O Centro de Transformación de Alimentos de Baroña continúa avanzando na súa misión de impulsar a innovación agroalimentaria.

Caderno de actividades escolares: O meu caderno sobre o monte veciñal

Caderno de actividades escolares: O meu caderno sobre o monte veciñal

11/01/25 | O Laboratorio presenta o Caderno de actividades escolares, creado pola Fundación Montescola para alumnado de 3º ciclo de Educación Primaria. Esta ferramenta educativa busca sensibilizar sobre o coidado sustentable dos montes galegos dun xeito ameno e práctico.

Caderno de actividades escolares: O meu caderno sobre o monte veciñal

Caderno de actividades escolares: O meu caderno sobre o monte veciñal

11/01/25 | O Laboratorio presenta o Caderno de actividades escolares, creado pola Fundación Montescola para o alumnado de 3º ciclo de Educación Primaria. Esta ferramenta educativa busca sensibilizar sobre o coidado sostible dos montes galegos de xeito ameno e práctico.

Comenzan as xornadas de voluntariado do Laboratorio 

Comenzan as xornadas de voluntariado do Laboratorio 

Arrancan as xornadas de voluntariado do Laboratorio Ecosocial do Barbanza O Laboratorio Ecosocial do Barbanza retoma as súas xornadas de voluntariado ambiental, coordinadas pola Fundación Montescola. 7 de xaneiro 2025 – O Laboratorio Ecosocial do Barbanza retoma as súas xornadas de voluntariado ambiental, unha iniciativa que busca implicar á cidadanía na recuperación da biodiversidade nos […]

Estudando tres comunidades de montes para construír modelos sustentables

Estudando tres comunidades de montes para construír modelos sustentables

13/12/24 | A Universidade de Santiago —a través do Grupo Histagra e o CISPAC—, a Universidade de Pablo de Olavide, no marco do proxecto Laboratorio Ecosocial do Barbanza, están traballando na creación dun modelo de análise da sustentabilidade a través do estudo de tres montes veciñais multifuncionais: Baroña (Porto do Son), O Carballo (Friol) e Zobra (Lalín).

O Laboratorio pon en valor a rehabilitación de solos nos montes de Rianxo

O Laboratorio pon en valor a rehabilitación de solos nos montes de Rianxo

05/12/24 | O grupo de investigación UXAFORES da Universidade de Santiago de Compostela está a realizar unha análise exhaustiva de solos no marco do proxecto Laboratorio Ecosocial do Barbanza.

Xestión conxunta para minorar o risco de lumes forestais e a degradación dos montes de Rianxo

Xestión conxunta para minorar o risco de lumes forestais e a degradación dos montes de Rianxo

18/11/24 | A Plataforma pola Defensa do Monte está levando a cabo os traballos silvícolas establecidos na primeira anualidade do Laboratorio Ecosocial do Barbanza.

Segunda xornada de eliminación de especies invasoras nos montes de Isorna

Segunda xornada de eliminación de especies invasoras nos montes de Isorna

11/11/24 | O Laboratorio Ecosocial do Barbanza convoca unha nova xornada de eliminación de acacias nos montes de Isorna, Rianxo. A Fundación Montescola coordina esta actividade de voluntariado ambiental.

Xornadas por un monte vivo en Rianxo

Xornadas por un monte vivo en Rianxo

05/11/24 | O Laboratorio Ecosocial do Barbanza organizou dúas xornadas de carácter divulgativo e festivo no municipio de Rianxo, coa intención de dar visibilidade ás boas prácticas que están a levar a cabo as comunidades de montes socias do proxecto.

O Laboratorio convoca unha xornada de deseucaliptización e visita ambiental no monte de Froxán

O Laboratorio convoca unha xornada de deseucaliptización e visita ambiental no monte de Froxán

29/10/24 | O Laboratorio Ecosocial do Barbanza organiza unha xornada de deseucaliptización seguida dunha visita no monte de Froxán. A Fundación Montescola coordina esta actividade de voluntariado ambiental.

A celebración das Xornadas por un Monte Vivo continúa en Leiro

A celebración das Xornadas por un Monte Vivo continúa en Leiro

28/10/24 | O vindeiro sábado en Leiro (Rianxo) celebrarase a segunda das xornadas con diferentes actividades, nas que se visibilizarán as boas prácticas das comunidades de montes e inspirando a outros axentes a traballar en rede.

Comunidades de montes de Rianxo celebran as Xornadas por un Monte Vivo en Taragoña

Comunidades de montes de Rianxo celebran as Xornadas por un Monte Vivo en Taragoña

28/10/24 | O pasado domingo 27 de outubro celebrouse a primeira das “Xornadas por un Monte Vivo” en Taragoña (Rianxo)onde se mostraron os avances do Laboratorio Ecosocial do Barbanza nos últimos meses ao abeiro da Fundación Biodiversidad.

O Laboratorio convoca ás comunidades de montes do Barbanza a participar nun obradoiro de compostaxe en Baroña

O Laboratorio convoca ás comunidades de montes do Barbanza a participar nun obradoiro de compostaxe en Baroña

27/10/24 | O Laboratorio Ecosocial do Barbanza impulsa a compostaxe nas comunidades de montes como parte das actividades do proxecto, enfocadas na transformación e revalorización dos recursos forestais.

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza convoca as Xornadas por un Monte Vivo en Taragoña

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza convoca as Xornadas por un Monte Vivo en Taragoña

18/10/24 | O domingo 27 de outubro celebrarase a primeira das “Xornadas por un Monte Vivo” en Taragoña (Rianxo) cunha programación chea de actividades para facer partícipe á cidadanía na xestión activa do territorio.

Primeiros pasos para unha cidadanía enerxética no Barbanza

Primeiros pasos para unha cidadanía enerxética no Barbanza

18/10/24 | O Laboratorio convoca o primeiro encontro aberto para abordar o potencial e os beneficios de establecer unha comunidade enerxética no Barbanza, destacando a importancia de aproveitar os recursos locais de maneira eficiente e equitativa.

Primeiros pasos do rabaño de cabras da Plataforma pola Defensa do Monte

Primeiros pasos do rabaño de cabras da Plataforma pola Defensa do Monte

17/10/24 | Desde este ano, un rabaño de máis de 40 cabras axuda a controlar os rebrotes
de especies invasoras nos montes comunais de Rianxo, recuperando
a biodiversidade e contribuíndo á prevención de incendios.

O Laboratorio visita a comunidade de montes do Carballo en Friol

O Laboratorio visita a comunidade de montes do Carballo en Friol

04/10/24 | A Comunidade de montes do Carballo en Friol (Lugo) foi escollida pola Universidade de Santiago de Compostela– a través do grupo Histagra e o CISPAC– e a Universidad Pablo de Olavide por ser un modelo do manexo multifuncional do monte en Galicia.

Aprazanse as “Xornadas por un monte vivo”

Aprazanse as “Xornadas por un monte vivo”

03/10/24 | As “Xornadas por un Monte Vivo” convocadas en Taragoña e Leiro (Rianxo) este sábado 5 e domingo 6 de outubro foron aprazadas polas condicións meteorolóxicas.

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza convoca as “Xornadas por un monte vivo” o primeiro fin de semana de outubro​

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza convoca as “Xornadas por un monte vivo” o primeiro fin de semana de outubro​

24/09/24 | O sábado 5 e domingo 6 de outubro celebraranse as “Xornadas por un Monte Vivo” en Rianxo, cunha programación chea de actividades para facer partícipe á cidadanía na xestión activa do territorio.

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza interésase polo modelo do Centro de Transformación A Fusquenlla e da Rede de Espazos de Coworking da Deputación da Coruña

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza interésase polo modelo do Centro de Transformación A Fusquenlla e da Rede de Espazos de Coworking da Deputación da Coruña

29/07/24 | O equipo do Laboratorio Ecosocial do Barbanza visita o Centro de Transformación A Fusquenlla, referente na transformación de produtos agroalimentarios, xunto á deputada de Emprego da Deputación da Coruña.