Equipo
O Laboratorio Ecosocial do Barbanza é un proxecto financiado pola Fundación Banco Santander que é impulsado pola Fundación Rede de Innovación Arousa (RIA) en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela a través do grupo HISTAGRA e co apoio da Cátedra Juana de Vega.
Para contactar co equipo do proxecto, por favor envía unha mensaxe a: info@barbanzaecosocial.org.
En Fundación Banco Santander traballamos para contribuír á construción dunha sociedade máis equitativa, inclusiva e sostible. Con este obxectivo desenvolvemos iniciativas agrupadas en tres liñas de actuación: o fomento da cultura como ferramenta para entender o mundo que nos rodea, a acción social para apoiar o progreso dos colectivos vulnerables e o coidado do medio ambiente para protexer o patrimonio natural. En todos os nosos programas esforzámonos por crear redes de colaboración co terceiro sector para afrontar xuntos os principais desafíos globais.
Fundación Banco Santander mantén desde 2004 un programa de recuperación de especies ameazadas e de espazos naturais degradados en colaboración coas principais entidades especializadas. Ao longo destes anos, restauráronse zonas especialmente afectadas pola actividade humana (minería, gandería intensiva, incendios…), que constitúen o hábitat de especies emblemáticas da fauna ibérica nun delicado estado de conservación. A águia imperial, o oso pardo, o voitre barbudo, o voitre negro, e as oliveiras centenarias de montaña foron algunhas das especies beneficiadas por esta labor de protección do patrimonio natural.
Dentro desta liña de traballo, enmárcase o proxecto Laboratorio Ecosocial do Barbanza que financiamos, coa mesma intención de posibilitar o desenvolvemento das seguintes propostas:
- Xerar un laboratorio do territorio que sirva como referencia para exemplificar prácticas sostibles.
- Crear un proxecto que combine ciencia e sociedade, orientándoo cara a investigación en ecoagroinnovación.
- Articular e afianzar propostas ecoagroinnovadoras que dean resposta á biorrexión na que se localiza o proxecto, á vez que parte de todo un conxunto de saberes, tanto históricos como actuais, cos que propoñer alternativas de futuro máis sustentables.
Fundación Banco Santander está constituída por D. Rodrigo Echenique Gordillo, Presidente; Don Borja Baselga Canthal, Director Xerente; e Don Álvaro Ganado, Responsable de Medio Ambiente.
Máis información na páxina web da Fundación Banco Santander.
A Fundación RIA é unha entidade privada de carácter cultural, sen ánimo de lucro e con proxección pública nacional e internacional. Ten como obxecto xenérico e principal, o fomento, análise, debate, desenvolvemento, promoción, execución e difusión do desenvolvemento e protección das economías locais e dos valores arquitectónicos, urbanos, naturales e culturales do territorio galego, procurando conciliar e potenciar os esforzos de persoas e institucións públicas ou privadas relacionadas cos mesmos, e no seu caso operar como instrumento de coordinación destas.
A través da xeración de alianzas estratéxicas coa Academia, as administración e o sector privado, a Fundación RIA busca a aplicación do coñecemento na realidade, a través da identificación de conflitos e potenciais, establecendo proxectos piloto e casos de estudo relativos ao medio natural, o medio construido e as economías locais.
A labor que leva desenvolvendo durante os últimos 4 anos na contorna da ría de Arousa, permitiulle alcanzar un amplo coñecemento das súas condición e dos actores que viven, traballan e estudan este territorio. Como entidade coordinadora do proxecto, a Fundación RIA impulsa a aplicación do coñecemento e nun proxectos piloto que busca a conservación medioambiental e garantir a provisión de servizos ecosistémicos. Ao mesmo tempo impúlsase un manexo sustentable e produtivo do territorio por parte das comunidades, mediante o fortalecemento das economías de base agraria e Pesqueira.
O patronato da Fundación RIA está constituído por Sir David Chipperfield, Presidente; José Carlos Seoane González, Vicepresidente Primeiro; e Benito Blanco Avellano, Vicepresidente Segundo e Secretario. Manuel Rodríguez López é o Coordinador Xeral do equipo técnico, formado polos arquitectos Alfonso Bertrán Gil e Adrián Capelo Cruz.
Máis información na páxina web da Fundación RIA.
A Universidade de Santiago de Compostela é unha institución pública de ensinanza superior e investigación dotada de autonomía, plena personalidade xurídica e patrimonio propio que está constituida polos campus de Santiago de Compostela e Lugo. Os grupos de investigación que forman parte do Laboratorio Ecosocial do Barbanza son:
HISTAGRA (Historia Agraria e Política do Mundo Rural. Séculos XIX e XX) é un Grupo de Investigación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), composto por 25 membros e dirixido polo Profesor do Departamento de Historia Contemporánea, Lourenzo Fernández Prieto. Desde 2006 HISTAGRA é Grupo de Referencia Competitiva (GRC) recoñecido pola Xunta de Galicia, condición que renovou sucesivamente en 2010, 2013 e 2017. HISTAGRA coordina a Rede ReVOLTA de Agroecoloxía e Historia. Entre outros proxectos, impulsou o Programa de Estudos en Mancomún, gracias ao apoio da prestixiosa Fundación Daniel & Nina Carasso, así como amplos proxectos de investigación.
HISTAGRA asume a dirección científica do Laboratorio Ecosocial do Barbanza e conta co apoio do grupo GESPIC, Grupo de Estudos de Historia Empresarial e Sectorial. Pesca, Industria e Comercio, que forma parte do Departamento de Economía Aplicada. Entre os seus membros forma parte David Soto, profesor experto na historia dos agroecosistemas, é, xunto a Manuel González de Molina, autor do libro “Historia da agricultura española desde unha perspectiva biofísica, 1900-2010”.
A participación do grupo de investigación HISTAGRA no deseño e execución dun proxecto coma este é a manifestación da concepción de que a ciencia non é neutra, abre preguntas e comprométese co real. A bagaxe de investigación en teses, artigos e libros ten demostrado como Galicia foi un territorio manexado baixo claves orgánicas moi intensivas ata os anos trinta do século pasado.
Máis información na páxina web do grupo HISTAGRA.
Desde 2005, a Fundación Juana de Vega participa na Cátedra Juana de Vega Xunto á Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela para promover o coñecemento e a vida e obra de Dª Juana de Vega así como o seu contexto histórico.
O 22 de decembro do ano 2005, firmouse coa Universidade de Santiago de Compostela un acordo para a creación da Cátedra Juana de Vega no seo do Departamento de Historia Contemporánea e de América na Facultade de Xeografía e Historia de dita Universidade.
O obxectivo desta Cátedra é promover o debate, a reflexión, a investigación e o desenvolvemento de actividades que conduzan cara a realización de estudos e proxectos de investigación, así como da formación e divulgación de traballos relacionados coas seguintes materias:
- A presenza do pensamento ilustrado e liberal na Galicia contemporánea, atendendo á achega das mulleres e especificamente á vida e a obra de Dª Juana de Vega.
- As iniciativas e os procesos modernizadores do campo galego desde o século XIX.
Desde 2014, a dirección da Cátedra está a cargo de Lourenzo Fernández Prieto.
O Laboratorio Ecosocial do Barbanza conta cun órgano de expertos, vinculados á universidade, que fará un seguimento dos progresos do proxecto en cada unha das súas fases e contribuirá co seu coñecemento á elaboración de informes de recomendacións para mellorar o seu desenvolvemento. O Consello Asesor estará composto por:
- David Soto Fernández
Doutor pola Universidade de Santiago de Compostela cunha tese titulada “Transformacións produtivas na agricultura galega contemporánea”. No ámbito da Historia Ambiental publicou numerosos traballos sobre temáticas diversas, como a evolución das macromagnitudes agrarias e cambios produtivos e tecnolóxicos, estudos sobre a reposición da fertilidade, a erosión en perspectiva histórica, o metabolismo social ou a transformación do consumo alimentario en España. - Maria Loureiro García
Licenciada en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), con estudos de Máster e Doutorado pola Washington State University (EE.UU). Na actualidade é Catedrática de Universidade no Departamento de Fundamentos de Análise Económica da USC. O seu campo de especialización é a economía ambiental e dos recursos naturais. É IP do grupo de investigación ECO-IURIS da USC, catalogado dentro de grupos de referencia competitiva da Xunta de Galicia. - Xavier Simón Fernández
Profesor titular de Economía aplicada na Universidade de Vigo e investigador. Doutor en Economía pola Universidade de Vigo, é responsable do Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía da mesma Universidade. Os seus ámbitos de traballo son: a análisise dos sistemas alternativos de consumo e produción de alimentos; o metabolismo social e os indicadores biofísicos de sustentabilidade; patrimonio inmaterial e desenvolvemento rural; enerxías renovables e desenvolvemento rural. - Mar Pérez Fra
Profesora Contratada Doutora do Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela, Área de Economía, Socioloxía e Política Agraria. As súas liñas de investigación están relacionadas cos procesos de cambio agrario e coa evaluación e deseño de políticas de desenvolvemento rural. - Emilio Carral Vilariño
Profesor Títular da universidade de Santiago de Compostela. As liñas de investigación que realizou tratan sobre residuos agro-industriais, contaminación, metais pesados, nutrintes, control ambiental, bioindicación, ecoloxía, especies protexidas, xestión ambiental e biodiversidade. Entre as obras cabe destacar “O pequeno é grande: A agricultura familiar como alternativa: O caso galego”.