Xornadas por un Monte Vivo

O sábado 28 e domingo 29 de outubro celebraranse as “Xornadas por un Monte Vivo” en Taragoña e Leiro (Rianxo) para facer partícipe á cidadanía na xestión activa do territorio, visibilizar boas prácticas das comunidades de montes e inspirar a outros axentes a traballar en rede cara a unha maior sustentabilidade no aproveitamento dos seus territorios.

A Plataforma pola Defensa do Monte de Rianxo e o Laboratorio Ecosocial do Barbanza, dando continuidade á colaboración entre ambas entidades desde 2021, impulsan esta fin de semana repleta de actividades abertas á participación da cidadanía.

As xornadas contarán coa colaboración da CMVMC de Baroña, a Fundación MontescolaVerdegaia, as Brigadas Deseucaliptizadoras, o CEP Brea Segade, o IES Félix MurielO Baixo Ulla; para exemplificar a importancia da xestión activa e a custodia do territorio como garante de sustentabilidade social, económica e ambiental.

Axenda das xornadas


Día 1 – Sábado 28 de outubro

Demostración, formación, divulgación, pastoreo e roteiro comunitario
No Campo Maneiro de Taragoña e inmediacións (Paradela e Ourille)
Consulta a axenda ilustrativa e o cartel da primera xornada

10:30    Almorzo e benvida

10:45    Presentación das xornadas, coa intervención de

          • Lucía Saborido (presidenta da CMVMC do Araño)
            En representación da Plataforma pola Defensa do Monte
          • Lourenzo Fernández Prieto (director científico comisario do CISPAC)
            En representación doLaboratorio Ecosocial do Barbanza
          • Emilio Saborido (presidente da CMVMC O Fieitoso de Taragoña e Miguel Rial (representante de Fousas ao Monte) como anfitrións da xornada do sábado

11:00    Visita ao espazo demostrativo do Fieitoso, dirixida polo alumnado do CEP Brea Segade

12:15    Sesión formativa de resinación de piñeiros, a cargo da CMVMC Baroña

13:00    Obradoiro de transformación de madeira con serradoiro portátil, a cargo da CMVMC Baroña

14:00    Xantar comunitario

16:00    Roteiro comentado a cargo de O Baixo Ulla

          • Percorrido de 2,5 km en subida
          • Desde O Fieitoso ata Ourille pasando por Paradela e o Castro Barbudo

17:00    Chegada ao Castro Barbudo para o recoñecemento do territorio

18:30    Pastoreo de cabras para a limpeza de terreos

          • Responsable: CMVMC O Fieitoso de Taragoña + Fousas ao Monte
          • Intervén: Emilio Saborido – Presidente CMVMC O Fieitoso de Taragoña
          • Punto de encontro: zona das cabras

19:00    Magosto no Campo Maneiro (festividade y música a cargo de agrupacións locais)

 

Día 2 – Domingo 29 de outubro

Traballo comunitario, charlas, debate e festividade
No Centro cultural Vicente Vidal de Leiro e inmediacións (plantación experimental de Leiro)
Consulta a axenda ilustrativa e o cartel da segunda xornada

09:30    Traballos comunitarios

          • Rexeneración de áreas degradadas por presenza de acacia e eucalipto, a cargo da CMVMC de Leiro, a Fundación Montescola, Verdegaia e as Brigadas Deseucaliptizadoras
          • Punto de encontro: Centro cultural Vicente Vidal de Leiro

IMPORTANTE. A participación nos traballos comunitarios e o xantar posterior require inscripción. As personas interesadas enviarán un mail a info@barbanzaecosocial.org indicando o seu nome e apelidos, data de nacimiento, teléfono, email, concello de residencia, se desexa asistir ao xantar comunitario e, nese caso, alerxias ou intolerancias alimentarias.

13:30    Visita á plantación experimental de castiñeiros de Leiro

14:30    Xantar comunitario

16:15    Presentación de “Cando eramos sostibles”

16:30    Charlas e debate posterior

Fina Fernández López, xenetista
Hai un futuro para o castiñeiro de madeira na Galiza Atlántica?

Xabier González Torre, xefe do distrito forestal IV
Retos para unha ordenación sostible do monte no Barbanza

Xosé Antón Araúxo, presidente da CMVMC de Couso
Modelo de xestión do monte comunal

18:00    Peche das xornadas

18:10    Festividade e música

Máis información e consultas a través de info@barbanzaecosocial.orge