Xornada informativa inaugural do Centro de Transformación do Barbanza
A Plataforma pola Defensa do Monte no marco do Laboratorio Ecosocial do Barbanza organiza unha xornada informativa o domingo 30 de xuño na Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Baroña, Porto do Son.
Esta xornada cun carácter festivo e aberto á cidadanía dá o disparo de saída ao centro de transformación do Barbanza. Este novo espazo permitirá a valorización dos produtos agrícolas, gandeiros e forestais da rexión.
Esta actividade está financiada con fondos europeos, grazas ao apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO).
Localización
Nas inmediacións da Casa Forestal da CMVMC de Baroña
Vilar, 35, 15979 Porto do Son, A Coruña
→ O acceso á Casa Forestal deberase facer a pé
→ Os coches deberanse estacionar na contorna do Campo de Fútbol
Programa de actividades
09:30 a 12:30 h Xornada deseucaliptizadora no monte de Baroña
Coordinada pola Fundación Montescola
Inscrición necesaria ata o venres 27 inclusive en info@montescola.org
11:00 a 19:00 h Mercado de produtos locais
Coa participación de:
- Sachos a Rúa (Horta, conservas e artesanía)
- Mercado dos Tilos (Horta, mel e doces)
- Mercado Darredor (Horta, conservas e zumes)
- TresOficios (Transformación de madeira e ebanistaría)
- CMVMC de Baroña (Chourizos de poldro e mel)
12:30 a 13:00 h Presentación do proxecto
Con intervencións de:
- Rafael Saco, presidente da Plataforma pola Defensa do Monte
- Ovidio Queiruga, presidente da CMVMC de Baroña
- Manuel Rodríguez, director da Fundación RIA
13:00 a 13:30 h Exposición do uso dun serradoiro móbil
Coordinada pola Comunidade de montes veciñais de Baroña
13:30 a 15:00 h Degustacións e mostraxe de cociña e degustación co chef José Manuel Mallón, de pratos preparados con carne de poldro galego 100% raza autóctona. Coa colaboración de PURAGA
17:00 a 18:00 h Degustación de produtos vexetais provenientes do monte
e charla sobre obradoiros colectivos de transformación de alimentos
Coa colaboración de Asociación Daquí darredor
18:00 a 19:00h Foliada dinamizada por grupo pandeireteiras locais Alixeiras, Bailadela, Sete linguas, Chorimas e Sonelas, xunto á banda tradicional de música Suevia do concello de Porto do Son.