Baroña acolle unha nova xornada sobre o uso sostible da madeira no marco do Laboratorio Ecosocial do Barbanza
21/03/25 | O vindeiro sábado 29 de marzo, a Casa Forestal de Baroña, en Porto do Son, acollerá unha xornada arredor do mundo da madeira, organizada pola Plataforma pola Defensa do Monte dentro do proxecto Laboratorio Ecosocial do Barbanza, contando coa colaboración da Comunidade de Montes de Baroña.