O MITECO distingue o Laboratorio Ecosocial do Barbanza como unha das 39 iniciativas exemplares do Plan de Recuperación

12/09/25 | O Laboratorio Ecosocial do Barbanza foi recoñecido polo MITECO como unha das 39 iniciativas exemplares na execución do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), seleccionada entre máis de 1.000 proxectos subvencionados en toda España.

Continue Reading O MITECO distingue o Laboratorio Ecosocial do Barbanza como unha das 39 iniciativas exemplares do Plan de Recuperación

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza organiza en Isorna un obradoiro para imaxinar o futuro dos montes

12/08/25 | O xoves 21 de agosto na Casa da República de Isorna (Rianxo) organízase un obradoiro de prospectiva comunitaria para imaxinar colectivamente o futuro dos montes e definir accións concretas para facelo realidade. A actividade está coordinada pola Fundación Montescola, no marco do proxecto do Laboratorio Ecosocial do Barbanza.

Continue Reading O Laboratorio Ecosocial do Barbanza organiza en Isorna un obradoiro para imaxinar o futuro dos montes

Deseucaliptización e visita ambiental nos montes de Froxán

17/06/25 | O Laboratorio Ecosocial do Barbanza organiza unha xornada de voluntariado para a eliminación de eucaliptos nos terreos do monte veciñal de Froxán, Lousame. Esta actividade está coordinada pola Fundación Montescola, en colaboración coa CMVMC de Froxán.

Continue Reading Deseucaliptización e visita ambiental nos montes de Froxán