Cando eramos sostibles. Aprendendo no Barbanza as claves do futuro

Acceso á publicación Cando eramos sostibles. Aprendendo no Barbanza as claves do futuro

Cando eramos sostibles. Aprendendo no Barbanza as claves do futuro, a publicación que recolle as conclusións do primeiro ano de investigación do Laboratorio Ecosocial do Barbanza, centra a súa mirada nunha rexión moi concreta de Galicia, a península do Barbanza, para poñer en valor as formas de manexo do territorio levadas a cabo historicamente polas comunidades locais e impulsar iniciativas na rexión que se rexan polos mesmos principios de sustentabilidade. De todo este proceso extráense leccións coas que amosar posibles achegamentos a cuestións económicas, sociais e ambientais que son relevantes alén deste territorio.

A publicación é gratuíta e a súa descarga pode realizarse a través do botón que se atopa baixo estas liñas.

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza é un proxecto coordinado pola Fundación RIA que conta co apoio do grupo HISTAGRA da Universidade de Santiago de Compostela na parte de investigación. O proxecto foi posible grazas á cofinanciación da Fundación Banco Santander e a colaboración da Cátedra Juana de Vega.