Cando eramos sostibles. Aprendendo no Barbanza as claves do futuro
Segunda edición ampliada de Cando eramos sostibles. Aprendendo no Barbanza as claves do futuro
Esta publicación recolle as conclusións dos tres primeiros anos de traballo do Laboratorio Ecosocial do Barbanza, un proxecto que nace para coñecer e difundir as actividades e os procesos que facían sustentables e autosuficientes ás comunidades rurais no pasado e avaliar cales se poden replicar e adaptar ao contexto actual para promover a reactivación e frear o abandono destas áreas.
En 2021, despois dun ano de actividade no Laboratorio Ecosocial do Barbanza, publicouse a primeira edición de Cando eramos sostibles, froito da primeira fase do traballo que se centrou na investigación arredor dos saberes locais e o manexo histórico do territorio.
A segunda fase do Laboratorio comezou coa posta en práctica das leccións aprendidas a través dunha convocatoria aberta para a promoción de iniciativas sostibles —denominadas proxectos semente— na península de Barbanza.
Grazas ao grande interese que espertou a publicación no seu día, no 2023 impulsamos unha segunda edición ampliada que tamén inclúe a experiencia dos tres primeiros proxectos semente do Laboratorio Ecosocial do Barbanza e establece unha folla de ruta cara ao seu futuro.

Esta segunda edición ampliada sae á venda por un prezo de 15€ sen ánimo de lucro, permitíndonos cubrir os gastos de produción e achegar 10€ por cada exemplar vendido para o financiamento de iniciativas agrícolas, gandeiras, forestais ou culturais sustentables no Barbanza. Podes reservar o teu exemplar —en galego, castelán ou inglés— enviando un mail a info@barbanzaecosocial.org.
Ademais, podes consultar gratuitamente a súa versión dixital a través das seguintes ligazóns:
O Laboratorio Ecosocial do Barbanza
O Laboratorio Ecosocial do Barbanza é un proxecto coordinado pola Fundación RIA que conta co apoio do grupo HISTAGRA da Universidade de Santiago de Compostela na parte de investigación. O proxecto foi posible grazas á cofinanciación da Fundación Banco Santander e a colaboración da Cátedra Juana de Vega.