Unha ferramenta para mellorar a sustentabilidade do territorio a través da investigación-acción

Portal de contratación

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza contempla a contratación de diferentes perfís profesionais por parte das comunidades de montes participantes, así como a subcontratación de numerosos paquetes de servicios forestais.

O Barbanza, unha realidade por estudar

Cales son as lóxicas no manexo do territorio? Que é a comunidade? Como se relaciona a sociedade co territorio? Que coñecementos podemos extraer para camiñar cara unha transición ecosocial? Estas é outras cuestións iranse desentrañando ao longo da investigación.

O territorio

O Barbanza ademais de ser un espazo habitado por veciños e veciñas, cos seus saberes e lóxicas de manexo, tamén é un espazo xeográfico. A través do Mapa Interactivo pódense comprender as múltiples capas que hai na interacción sociedade-territorio e os cambios que tiveron lugar durante as últimas décadas.

Investigación

Neste apartado poden consultarse os avances da investigación do Laboratorio Ecosocial do Barbanza, os eventos relacionados ou as incorporacións de contidos audiovisuais ás nosas canles de difusión.

Proxecto

A través do Laboratorio Ecosocial do Barbanza, preténdese articular e afianzar propostas ecoagroinnovadoras que dean resposta á biorrexión do Barbanza, situada na costa norte da Ría de Arousa. A iniciativa parte de todo un conxunto de saberes, tanto históricos como actuais, cos que deseñar alternativas de futuro máis sustentables.