Os primeiros pasos do Laboratorio

A comarca do Barbanza é un área territorial destacada que está caracterizada pola dispersión poboacional e unha ampla variedade de usos e formas de manexo do territorio, o que a dota dunha gran resiliencia. Este feito pon de relevo a importancia de desenvolver un proxecto experimental de investigación e acción que amplifique estratexias dende as que mellorar a sustentabilidade ambiental e económica desta área.

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza é un proxecto que mira ao pasado e presente das comunidades locais para impulsar os aproveitamentos sustentables do futuro. Trátase dun proxecto pioneiro no Estado, xa que non existe ningún Laboratorio que combine ciencia e sociedade e que estea orientado á investigación e praxe en ecoagroinnovación.

A proposta do proxecto xorde da coincidencia de visións de recuperación de espazos naturais habitados entre a Fundación Banco Santander e a Fundación Rede de Innovación Arousa (RIA), que procuran a conservación medioambiental e garantir a provisión de servizos ecosistémicos. Ao mesmo tempo impúlsase un manexo sustentable e produtivo do territorio por parte das comunidades, mediante o fortalecemento das economías de base agraria e pesqueira.

O traballo da Fundación RIA durante os últimos tres anos permitiu alcanzar un coñecemento amplo do territorio da Ría de Arousa e dos actores que viven, traballan e estudan este lugar. A xeración dunha alianza coa Universidade de Santiago de Compostela, a través do grupo HISTAGRA, supón a continuación dunha relación iniciada en procesos anteriores e coa que se pretende artellar unha innovadora proposta de investigación-acción a través da creación do Laboratorio Ecosocial do Barbanza.

As comunidades agrogandeiras manexaron historicamente o territorio desde perspectivas orgánicas. Este saber facer está intrinsecamente relacionado coa prestación de servizos ecosistémicos, sen embargo, son poucas as ocasións nas que ao pensar no capital natural se inclúe aos propios actores involucrados no manexo do territorio.

É necesario xerar espazos de interacción cidadanía-academia desde os que combinar metodoloxías de investigación e acción. Estes espazos son facilitadores de procesos de innovación e caracterízanse por:

  • Apertura nos procesos
  • Carácter experimental
  • Consideración da cidadanía como co-creadora
  • Dan resposta a retos ecolóxicos e sociais
  • Impulso de comunidades experimentais baseadas no coñecemento
  • Configuránse como espazos xenerativos

A misión do Laboratorio Ecosocial do Barbanza é converterse nunha iniciativa que facilite ecosistemas de innovación, apostando pola interacción academia-sociedade para converterse nunha sorte de viveiro de proxectos ecoagroinnovadores.

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza, que non é necesariamente un espazo físico, senón un modo de facer, ademais de ser un proxecto de investigación debe acoller propostas que estean caracterizadas polos marcos que identifican as Experiencias Produtivas Innovadoras, expresións prácticas dos procesos de ecoagroinnovación.

O enfoque desta iniciativa propón cuestións cara as políticas e estratexias de conservación medioambiental: ¿é posible protexer un territorio cando se eliminan as relacións coas persoas que o habitan? ¿son as políticas proteccionistas garantía de protección dun ecosistema?, ¿podemos atopar conceptos como “economía circular”,” valorización de residuos” ou “aproveitamento sostible de recursos” nas formas de manexo histórico do territorio?

A través do Laboratorio Ecosocial do Barbanza preténdese articular e afianzar propostas ecoagroinnovadoras que dean resposta á biorrexión na que se localiza o proxecto, á vez que parte de todo un conxunto de saberes, tanto históricos como actuais, cos que propoñer alternativas de futuro máis sustentables.

Os procesos de ecoagroinnovación caracterízanse por:

  • Reivindicación de valores socio-ambientais ademais dos económicos
  • Aposta polo local e a xestión mancomunada
  • Recuperación da memoria sobre manexos cooperativos ou mancomunados
  • “Pluriactividade” fronte a hiperespecialización
  • Uso de tecnoloxías propias
  • Innovación tecnolóxica, social e comercial
  • Combinación de coñecemento adaptativo
  • Redes de cooperación
  • Capacidade de resiliencia
  • Reactivación de recursos abandonados
  • Carácter reproducible

O proxecto desenvólvese na biorrexión do Barbanza, que comprende aos municipios de Rianxo, Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Noia, Lousame, Porto do Son e Dodro. Esta biorrexión de 244,2 km², un territorio con características naturais, xeográficas e históricas comúns conta cun gran dinamismo económico, pero encara unha serie de riscos específicos, como son:

  • Diminución poboacional
  • Depredación sobre os usos do territorio e abandono
  • Alto número de incendios e desorden territorial
  • Perda de actividades produtivas primarias e industriais en beneficio do sector servizos
  • Excesivas esixencias de mobilidade, satisfeita case en exclusiva a través do uso do automóbil privado
  • Empobrecemento do sistema comunitario, diminución de redes de apoio mutuo e de espazos de socialización

Neste contexto, a cidadanía foi tecendo propostas cooperativas, empresariais ou de asociacións veciñais que, en base a proxectos agroecolóxicos, de pesca artesanal ou de mantemento dos montes veciñais, camiñan cara una transición socioecolóxica.

A investigación pretende identificar canto do que tivo lugar no pasado pode ser semente de futuro e como podemos relacionar saberes de expertos e cidadáns para mellorar as capacidades dun territorio. Ademais, esta fase debe servir para xerar confianza e tecer alianzas con actores clave no territorio e que posibiliten a participación activa na fase de acción. Conta con dous compoñentes principais:

A indagación permitirá realizar un mapeo do manexo histórico do territorio. É dicir, mirar ao pasado para atopar fórmulas que, aínda cos modos de vida actuais, poidan ser replicados no presente e futuro. Este mapeo realizarase a través da análise pormenorizada de 3 casos de estudo correspondentes a espazos comunais do Barbanza: as comunidades de Baroña, Froxán e Brañas de Laíño.

A contrastación artéllase a través da metodoloxía de escoita, introducindo mecanismos de participación dos propios veciños do lugar mediante entrevistas e eventos comunitarios.

O desenvolvemento desta primeira fase permitiranos construír un “atlas de aproveitamentos sustentables” que recolla as leccións aprendidas a través dos casos de estudo e propostas que poidan ser replicadas na actualidade, derivadas do manexo histórico do territorio e outras ideas que poidan servir de exemplo e motivación para a cidadanía.

Durante a Fase 2: Acción o proceso artéllase a través das seguintes preguntas: ¿que procesos identificados no territorio poden desenvolverse? ¿que novas iniciativas poden implantarse no territorio? ou ¿como se pode axudar na escalabilidade de procesos para que se doten dun maior impacto e nivel de sustentabilidade?

A fase de acción tratará de poñer en marcha proxectos semente, unha serie de accións seleccionadas durante a primeira fase coa axuda dun consello asesor. Os proxectos semente recibirán apoio técnico e económico para a súa posta en marcha e se desenvolverá un seguimento da súa evolución ao longo do año. Preténdese avaliar o impacto social, ambiental ou económico das accións, co obxectivo de extraer leccións e poder recompilalas en diferentes publicacións a modo de exemplos para replicar noutras localizacións.

O equipo do Laboratorio Ecosocial do Barbanza queremos agradecer a xenerosidade das persoas e entidades que co seu tempo e coñecemento contribuiron de xeito desinteresado a facer posible este proxecto:

  • Ramón Abuín Gómez
  • Anxo Angueira Viturro
  • Antonio de Arcos Rey
  • Arquivo municipal de Dodro
  • Arquivo municipal de Lousame
  • Antonio Boo Romero
  • José Boo Romero
  • Aurora Cao Vázquez
  • Eva Castro Lavandeira
  • María Cernadas 
  • Diego Cisterna Arias
  • Concello de Dodro
  • Concello de Lousame
  • Concello de Porto do Son
  • María del Carmen Creo
  • Rosaura Eiras Rial
  • Joám Evans Pim
  • Francisco García
  • Ángeles González Regueira
  • María González Rodríguez
  • Luis Guitián Rivera
  • Gustavo Hervella García
  • Manuel Iglesias Rial
  • Instituto de Estudos do Territorio
  • Remigio Jamardo Barreiro
  • Manuel Lourenzo Baleirón
  • Duncan Marsden
  • Antonio Otero Castro
  • Juan Pan Montojo
  • Ovidio Queiruga González
  • Benjamín Recarey Rendo
  • Carmen Rego
  • Carmen Soledad Rego García
  • María Rendo Iglesias
  • Ana Rey Cao
  • Felisa Rey Lorenzo
  • Elena Rial Iglesias
  • María Rial Rivas 
  • María Rivas Alfonsín
  • Josefa Rodríguez
  • José Rodríguez Cao
  • Carmen Rodríguez Deán
  • Nuria Valcárcel Sanz
  • José Manuel Varela Abuín
  • Vicente Varela Rey
  • Ramón Vila Queiruga
  • María Dolores Vigo Susavila