Biblioteca dixital

Escola aberta e con fume: Caderno para profesorado de Educación Secundaria

Caderno de actividades dirixido ao alumnado de educación secundaria, deseñado pola Fundación Montescola co obxectivo de sensibilizar ás novas xeracións sobre a importancia da xestión sostible dos montes galegos e fomentar o coñecemento das Comunidades de Montes Veciñais en Man Común (CMVMC).

Escola aberta e con fume: Caderno de actividades para educación secundaria

Este caderno, creado pola Fundación Montescola, está pensado para traballar na aula co alumnado de educación secundaria. A través de distintas propostas didácticas, busca achegar ao estudantado á realidade dos montes galegos e ao papel fundamental das Comunidades de Montes Veciñais en Man Común (CMVMC), promovendo unha conciencia crítica sobre o territorio, o medio ambiente e a cultura local.

Escola aberta e con fume: Caderno para profesorado de Educación Primaria

Caderno de actividades escolares dirixido ao profesorado do 3º ciclo de Educación Primaria, realizado pola Fundación Montescola. A través de recursos didácticos e propostas adaptables, o documento busca fomentar unha ollada crítica e comprometida sobre o territorio, a cultura local e os retos socioambientais contemporáneos.

Escola aberta e con fume: Caderno de actividades para educación secundaria

Este caderno, elaborado pola Fundación Montescola, está dirixido ao alumnado do 3º ciclo de Educación Primaria. A través de actividades didácticas e dinámicas adaptadas á etapa, propón achegar o coñecemento sobre os montes galegos e as Comunidades de Montes Veciñais en Man Común (CMVMC), promovendo unha visión crítica e respectuosa co medio, a cultura local e a realidade do territorio.

Guía de facilitación para imaxinar os montes veciñais do futuro

Esta ferramenta nace co propósito de acompañar ás Comunidades de Montes Veciñais en Man Común (CMVMC) na construción colectiva dunha visión de futuro para os seus montes, e na tradución desa visión en accións concretas no presente. A Fundación Montescola é a entidade responsable do deseño desta metodoloxía innovadora, desenvolvida no marco do proxecto.