Curso gratuíto sobre implantación de terreos forestais en Rianxo
Aberta a inscrición para unha nova formación gratuíta sobre implantación de terreos forestais, enmarcada no programa Accións formativas vinculadas á xestión e aproveitamento do monte, coordinado polo Concello de Rianxo no marco do Laboratorio Ecosocial do Barbanza.
30 de maio 2025 – O Concello de Rianxo abre o prazo de inscrición para unha nova acción formativa gratuíta sobre implantación de terreos forestais, dirixida a todas aquelas persoas interesadas na xestión sostible do monte. A actividade enmárcase no programa de accións formativas vinculadas á xestión e aproveitamento do monte, desenvolvido no marco do Laboratorio Ecosocial do Barbanza.
A formación terá unha duración total de 60 horas teórico-prácticas, nas que se abordarán contidos clave como:
- Deseño e execución de plantacións forestais
- Prevención de incendios forestais
- Certificación forestal e boas prácticas de xestión
Esta acción forma parte do compromiso do Laboratorio por reforzar as capacidades locais e acompañar procesos de transición cara a modelos de xestión do monte máis sostibles, xerando coñecemento práctico e aplicable ao territorio.
As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición escribindo a medioambiente@concelloderianxo.gal ou chamando ao 981 86 08 08 (atención en horario de mañá).
O Laboratorio Ecosocial do Barbanza conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.