Escola aberta e con fume: Cuaderno para profesorado de Educación Primaria

O Laboratorio presenta o seu caderno de actividades escolares dirixido ao profesorado do 3º ciclo de Educación Primaria. Esta ferramenta educativa forma parte do proxecto Escola aberta e con fume, coordinado pola Fundación Montescola.

20 de maio 2025 – Este documento forma parte do proxecto educativo Escola Aberta e con Fume realizado pola Fundación Montescola no marco do Laboratorio Ecosocial do Barbanza, co obxectivo de achegar á escola o coñecemento sobre as Comunidades de Montes Veciñais en Man Común (CMVMC) e promover a conexión do alumnado co seu contorno. A través de recursos didácticos e propostas adaptables, o documento quere fomentar unha mirada crítica e comprometida sobre o territorio, a cultura local e os retos socioambientais actuais.

Estruturado en tres bloques interrelacionados —CMVMC, Aos dous lados da cancela e Activiteca—, ofrece materiais progresivos organizados en cinco niveis de profundización, así como ferramentas complementarias para o profesorado. Os contidos abordan desde a historia e funcionamento das CMVMC até os seus retos actuais, como a xestión forestal ou a participación democrática.

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

Coordinado pola Fundación RIA, o Laboratorio Ecosocial do Barbanza é un proxecto dedicado a promover a transición cara á sustentabilidade ambiental e a fortalecer a resiliencia na xestión territorial dos montes do Barbanza.

Noticias relacionadas