Bioblitz en Leiro: ciencia cidadá para descubrir a biodiversidade local
O Laboratorio Ecosocial do Barbanza organiza unha xornada de identificación participativa de biodiversidade, coordinada por Fundación Montescola coa colaboración da CMVMC de Leiro.
28 de abril 2025 – O vindeiro domingo 11 de maio, ás 10:30 da mañá, celebrarase unha nova xornada de ciencia cidadá no monte de Leiro (Rianxo), promovida polo Laboratorio Ecosocial do Barbanza. O punto de encontro será o estacionamento da praia das Cunchas , desde onde partirá a actividade.
A actividade está coordinada por Fundación Montescola coa colaboración da Comunidade do Monte Veciñal en Man Común de Leiro, que apoia esta iniciativa de valorización e coñecemento do seu patrimonio natural.
Un Bioblitz é unha unha xornada de identificación participativa de biodiversidade na que persoas expertas e veciñanza colaboran para rexistrar o maior número posible de especies presentes nun espazo natural nun tempo limitado. A actividade contará cun grupo multidisciplinar de expertas en botánica, entomoloxía, ornitoloxía e micoloxía.
Está aberta a todos os públicos, sen necesidade de coñecementos previos, e pretende achegar a biodiversidade local á cidadanía. As persoas interesadas poden inscribirse até o venres 9 de maio, enviando un correo electrónico a info@montescola.org.
El Laboratorio Ecosocial do Barbanza cuenta con el apoyo de la Fundación Biodiversidad del Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) en el marco del Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia (PRTR), financiado por la Unión Europea – NextGenerationEU.