
Guía de facilitación para imaxinar os montes veciñais do futuro
O Laboratorio crea unha metodoloxía para imaxinar colectivamente o futuro dos seus montes e definir accións concretas para facelo realidade, coordinada pola Fundación Montescola, responsable do deseño desta metodoloxía innovadora dentro do marco do proxecto.
4 de marzo de 2025 – A Guía de facilitación para imaxinar os montes veciñais do futuro nace co propósito de axudar ás Comunidades de Montes Veciñais en Man Común (CMVMC) a visualizar colectivamente o futuro dos seus montes e transformar esa visión en accións concretas no presente.
Esta ferramenta innovadora foi deseñada pola Fundación Montescola, entidade especializada en educación ambiental e dinamización comunitaria, dentro do marco da Acción 5 do proxecto do Laboratorio Ecosocial do Barbanza.
A metodoloxía será aplicada nos obradoiros de prospectiva comunitaria, que, a través dun enfoque participativo, permitirán que as comunidades imaxinen como desexan que sexan os seus montes dentro de 30 anos. A partir deste exercicio, elaborarase un Plan de Acción Comunitaria, que definirá os pasos necesarios para facer realidade esa visión.
Ademais, a guía ofrece un enfoque detallado e práctico, permitindo que outras comunidades poidan replicala e adaptala. Está dispoñible para a descarga gratuíta:
O Laboratorio Ecosocial do Barbanza conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.