
Encontro dos proxectos galegos de impulsados pola Fundación Biodiversidade
O mércores 26 de febreiro, os proxectos seleccionados pola Fundación Biodiversidade do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO), reuníronse en Rianxo.
28 de febreiro 2025 – Os proxectos galegos seleccionados pola Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) celebraron un encontro o pasado mércores 26 de febreiro no Centro Cultural Vicente Vidal de Leiro, en Rianxo. Este encontro representou unha oportunidade única para fortalecer a colaboración e as sinerxías entre os proxectos seleccionados, co obxectivo de promover unha xestión sustentable dos montes en Galicia.
As entidades levan anos traballando en colaboración coas comunidades locais, desenvolvendo modelos que contribúan á preservación do medio ambiente e ao desenvolvemento rural do territorio galego. A xornada estivo orientada a dar a coñecer o proceso de traballo destas iniciativas innovadoras, ofrecendo unha visión en profundidade sobre os proxectos que están impulsando a transformación da xestión dos montes en Galicia. Pretende ser un espazo informal para o diálogo e a exploración de posibles colaboracións en futuros proxectos.
O programa do evento comezou ás 9:30 horas coa benvida institucional por parte de representantes do Concello de Rianxo. A continuación, os proxectos participantes presentaron os seus avances, obxectivos e impacto no territorio. Estes proxectos seleccionados son:
- Laboratorio Ecosocial do Barbanza: Promove unha transición cara á sustentabilidade ambiental e o aumento da resiliencia na xestión territorial dos montes do Barbanza.
- Caprif-CC: Traballa no fortalecemento das capacidades das comunidades rurais a través da formación, a sensibilización, a aplicación de novos sistemas de gobernanza e o desenvolvemento de accións piloto innovadoras.
- Servicios Ecosistémicos Montes Periurbanos de Vigo: Aborda o reto de harmonizar o uso social e o aproveitamento económico dos montes co fin de garantir a súa conservación.
- RuraltXa: Impulsa a bioeconomía rural mediante a revalorización da gandaría extensiva de montaña, vinculándoa á conservación da biodiversidade.
Tamén participaron as entidades socias do proxecto do Laboratorio: Fundación RIA, entidade coordinadora do proxecto; Plataforma pola Defensa do Monte; Universidade de Santiago de Compostela (a través de CISPAC e do grupo de investigación Histagra); Montescola e o Concello de Rianxo.
A xornada incluíu unha saída de campo para coñecer as accións do Laboratorio Ecosocial do Barbanza, onde se compartiron experiencias e boas prácticas. Esta actividade permitiu observar de primeira man as boas prácticas implementadas e os resultados acadados, promovendo o intercambio de coñecemento e experiencias.
actividad permitirá observar de primera mano las buenas prácticas implementadas y los resultados alcanzados, promoviendo el intercambio de conocimiento y experiencias.
El Laboratorio Ecosocial do Barbanza cuenta con el apoyo de la Fundación Biodiversidad del Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) en el marco del Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia (PRTR), financiado por la Unión Europea – NextGenerationEU.