O Laboratorio convoca unha xornada de deseucaliptización e visita ambiental no monte de Froxán

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza organiza unha xornada de deseucaliptización seguida dunha visita no monte de Froxán. A Fundación Montescola coordina esta actividade de voluntariado ambiental.

28 de outubro 2024 – O Laboratorio Ecosocial do Barbanza convoca unha nova xornada de voluntariado ambiental en Froxán (Lousame, A Coruña), que dará comezo ás 10:00 h da mañá do sábado 9 de novembro. Durante esta actividade, eliminaranse eucaliptos e, posteriormente, realizase unha visita ambiental ao monte. Para finalizar, ofrecerase xantar de albaroque ás persoas participantes.

A xornada está coordinada por Fundación Montescola, entidade a cargo das actividades de prospectiva comunitaria, voluntariado e educación medioambiental do Laboratorio Ecosocial do Barbanza. Con estas actuacións, búscase sensibilizar a cidadanía na recuperación da biodiversidade e a prevención de lumes forestais de forma colaborativa.

Esta actividade está aberta á participación de todos os públicos e ideades. Aquelas persoas interesadas deberán inscribirse previamente enviando un correo electrónico a info@montescola.org ata o xoves 7 de novembro inclusive.

El Laboratorio Ecosocial do Barbanza cuenta con el apoyo de la Fundación Biodiversidad del Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) en el marco del Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia (PRTR), financiado por la Unión Europea – NextGenerationEU.

 

Noticias relacionadas