A celebración das xornadas por un Monte Vivo continúa en Leiro

O vindeiro sábado en Leiro (Rianxo) celebrarase a segunda das xornadas con diferentes actividades, nas que se visibilizarán as boas prácticas das comunidades de montes e inspirando a outros axentes a traballar en rede.

28 de outubro 2024 — O Laboratorio Ecosocial do Barbanza convoca a segunda xornada para o próximo sábado, 2 de novembro, en Leiro. A axenda detallada da xornada está dispoñible nas últimas páxinas desta nota de prensa.

As actividades da mañá do próximo sábado terán lugar na explanada detrás da Casa Reitoral de Leiro, onde se destacan as actividades infantís, os traballos de eliminación de acacia negra, así como as demostracións de pastoreo comunitario e de transformación de madeira. Tamén se realizará unha visita á plantación experimental de castiñeiros do CIF Lourizán, situada en Leiro.

Pola tarde, as charlas e debates trasladaranse ao Centro Cultural Vicente Vidal, onde a xornada rematará cunha sesión de música e festa. A comida será popular, e ofrecerase unha degustación de produtos locais do monte, como carne de poldro da comunidade de montes de Baroña e carne de cabrito das comunidades da Plataforma pola Defensa do Monte.

Será unha xornada con numerosas actividades gratuítas e abertas a toda a cidadanía. A inscrición previa é obrigatoria e pódese realizar a través do correo info@barbanzaecosocial.org.

Estas xornadas celébranse unha vez superados os primeiros oito meses do proxecto ao abeiro da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO), como mostra a pequena escala dos avances do proxecto neste período. Tras ser seleccionado na convocatoria de bioeconomía forestal, o Laboratorio recibiu case 2 millóns de euros de fondos europeos para intervir nos montes de Rianxo cos obxectivos de xerar emprego e oportunidades económicas, conservar a biodiversidade e previr incendios forestais.

Xornada por un monte vivo en Leiro

Sábado 2 de novembro de 9:30 a 19:00 h

Inmediacións do Centro cultural Vicente Vidal de Leiro, Rianxo

9:30   Traballos comunitarios en Leiro para a rexeneración de áreas degradadas pola presenza de acacia negra

A cargo da CMVMC Leiro e Montescola, colaboran IES Félix Muriel, Brea Segade
Punto de encontro no aparcadoiro do cemiterio de Leiro, Rianxo

9:30   Pintura mural no refuxio para as cabras e outras actividades enfocadas para nenos e nenas, que se desenvolverán en paralelo aos traballos comunitarios

A cargo da CMVMC Leiro e Montescola, colaboran centros escolares da zona

12:30   Visita á plantación experimental de castiñeiros do CIF de Lourizán en Leiro

A cargo da CMVMC Leiro, coa intervención de:

–   Ánxela Miguéns, presidenta da CMVMC Leiro

–   Beatriz Míguez Soto, técnica do CIF de Lourizán

13:30   Obradoiro de transformación de madeira con serradoiro portátil

A cargo da CMVMC Baroña

14:00   Demostración de pastoreo comunitario

14:30   Xantar comunitario e degustación de produtos do monte

A cargo da Fundación Montescola, CMVMC Leiro, CMVMC Fieitoso de Taragoña e CMVMC Baroña

16:10   Presentación do tríptico de recomendacións para a eliminación de especies invasoras, elaborado pola CMVMC de Leiro

16:15   Presentación do libro do Laboratorio “Cando eramos sostibles”

Coa intervención de David Fontán, investigador do grupo HISTAGRA

16:30   Charlas e debate

Fina Fernández López, xenetista
Hai un futuro para o castiñeiro de madeira na Galiza Atlántica?

Xosé Carlos Castro García, axente facultativo ambiental da zona norte de Rianxo. Retos para unha ordenación sostible do monte no Barbanza

Xosé Antón Araúxo, presidente da CMVMC de Couso
Modelo de xestión do monte comunal

Joám Evans Pim, director da Fundación Montescola
Mobilidade comunitaria e comunidades enerxéticas

Debate moderado por David Fontán, investigador do grupo HISTAGRA

18:00   Peche das xornadas

Intervén Rafael Saco, presidente da Plataforma pola Defensa do Monte

18:10   Festividade e música a cargo de agrupacións locais

 

IMPORTANTE

A participación nos traballos comunitarios do domingo e o xantar posterior require inscrición. As persoas interesadas deben enviar un correo a info@barbanzaecosocial.org indicando o seu nome e apelidos, se desexa asistir ao xantar comunitario e, nese caso, alerxias ou intolerancias alimentarias.

El Laboratorio Ecosocial do Barbanza cuenta con el apoyo de la Fundación Biodiversidad del Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) en el marco del Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia (PRTR), financiado por la Unión Europea – NextGenerationEU.

Noticias relacionadas