Primeros pasos para una ciudadanía energética en el Barbanza
O Laboratorio convocou o primeiro encontro aberto para abordar o potencial e os beneficios de establecer unha comunidade enerxética no Barbanza, destacando a importancia de aproveitar os recursos locais de maneira eficiente e equitativa.
Esta xornada participativa foi coordinada pola USC (a través do CISPAC e o grupo de investigación Histagra) e a Universidad Pablo de Olavide coa colaboración do Observatorio Eólico de Galicia.
3 de octubre 2024 — O evento celebrado onte enmarcouse na acción 1 do Laboratorio Ecosocial do Barbanza, que ten como obxectivo apoiar ás comunidades de montes na transición cara a modelos de xestión sustentable. A xornada foi dinamizada por Xavier Simón, catedrático de Economía aplicada na Universidade de Vigo e representante do Observatorio Eólico de Galicia (OEGA), quen achegou a súa experiencia como experto en transición enerxética e desenvolvemento do medio rural.
Durante a xuntanza, participaron a administración local, comunidades de montes e asociacións de Rianxo e doutros lugares da península do Barbanza. Analizáronse diferentes modelos de comunidades enerxéticas e os beneficios de implementar unha no territorio. Resaltouse a importancia de adaptar o modelo de comunidade enerxética ás necesidades de consumo das persoas asociadas, para garantir a súa eficiencia e viabilidade.
Entre os asistentes, destacou a presenza das comunidades de montes integrantes da Plataforma pola Defensa do Monte, socias do proxecto. O seu presidente, Rafael Saco, recalcou que a xustiza enerxética debe ser un criterio esencial para asegurar que todos os membros se beneficien de maneira equitativa. Ademais, subliñou que as comunidades enerxéticas representan unha oportunidade chave para abordar a pobreza enerxética de forma efectiva, promovendo un acceso máis xusto e igualitario á enerxía.
Non existe un único modelo, polo que os próximos pasos consistirán en explorar cal é o que mellor se adapta ás necesidades das comunidades socias do Laboratorio.
Simón destacou a importancia de aproveitar a experiencia doutras comunidades e de utilizar infraestruturas existentes, como os tellados, evitando así ocupar terras que son necesarias para a produción de alimentos e madeira, e reducindo a necesidade de grandes investimentos ao usar os recursos xa dispoñibles. O enfoque dunha produción e un consumo de enerxía colectivo é máis económico que o convencional, xa que permite compartir instalacións e reducir custos.
As razóns para ser unha cidadanía enerxética son diversas. Durante a xornada indicáronse que as máis comúns son: fomentar o ecoloxismo, aumentar a autosuficiencia, xerar novas oportunidades laborais e responder ás directivas europeas e aos impactos do cambio climático, contribuíndo a reducir a dependencia do gas natural e do petróleo procedentes de fóra da Unión Europea.
As comunidades presentes evidenciaron a necesidade dunha xestión comunitaria da enerxía local. Con ampla experiencia na xestión colectiva dos seus recursos, as comunidades de montes veciñais están nunha posición ideal para avanzar cara a un modelo de autoxestión enerxética, que se perfila como un camiño cada vez máis viable.
Ao rematar a exposición de Simón, abriuse un debate entre os asistentes sobre a transición enerxética local. Como punto en común, destacou a necesidade dun cambio de paradigma no consumo de enerxía. Subliñouse a importancia do autoconsumo colectivo como chave para o aforro, e a necesidade de axustar os nosos hábitos de consumo aos momentos de maior produción, co obxectivo de maximizar os beneficios e facer un uso máis eficiente da enerxía dispoñible.
—
El Laboratorio Ecosocial do Barbanza cuenta con el apoyo de la Fundación Biodiversidad del Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) en el marco del Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia (PRTR), financiado por la Unión Europea – NextGenerationEU.