
O Laboratorio Ecosocial do Barbanza convoca as Xornadas por un Monte Vivo en Taragoña
O domingo 27 de outubro celebrarase a primeira das “Xornadas por un Monte Vivo” en Taragoña (Rianxo) cunha programación chea de actividades para facer partícipe á cidadanía na xestión activa do territorio.
A xornada mostrará os avances do proxecto nos últimos meses ao abeiro da Fundación Biodiversidad, visibilizando as boas prácticas das comunidades de montes de Rianxo e inspirando a outros axentes a traballar en rede.
18 de outubr 2024 — O Laboratorio Ecosocial do Barbanza impulsa un domingo repleto de actividades abertas á participación da cidadanía, que se celebrará día 27 de octubre no Campo Maneiro de Taragoña.
As entidades socias do proxecto desenvolverán múltiples actividades neste último domingo de outubro: sesións formativas e de divulgación, un roteiro comentado para visitar os traballos silvícolas dos montes da Plataforma, pastoreo do seu rabaño de cabras, traballos comunitarios e charlas, entre outras. A axenda detallada da xornada está dispoñible nas últimas páxinas.
Esta xornada convócanse unha vez superados os primeiros oito meses do proxecto ao abeiro da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO), como mostra a pequena escala dos avances do proxecto neste período. Tras ser seleccionado na convocatoria de bioeconomía forestal, o Laboratorio recibiu case 2 millóns de euros de fondos europeos para intervir nos montes de Rianxo cos obxectivos de xerar emprego e oportunidades económicas, conservar a biodiversidade e previr incendios forestais.

Domingo 27 de outubro
Demostración, formación, divulgación, pastoreo e ruta comunitaria
A partir das 10.30 h no Campo Maneiro de Taragoña, Rianxo
Consulta a axenda detallada e o cartel da xornada
10:30 Almorzo e benvida
A cargo do Restuante Curral do Marqués
10:45 Presentación das xornadas
Emilio Saborido e Miguel Rial, CMVMC do Fieitoso de Taragoña
Lourenzo Fernández Prieto, Universidade de Santiago de Compostela
Lucía Saborido, Plataforma pola Defensa do Monte
11:00 Visita guiada ao espazo demostrativo do Fieitoso
A cargo da CMVMC O Fieitoso de Taragoña
12:15 Sesión formativa para a resinación de piñeiros
A cargo da CMVMC Baroña
13:00 Obradoiro sobre a transformación de madeira con serradoiro portátil
A cargo da CMVMC Baroña
14:00 Xantar comunitario
A cargo do Restuante Curral do Marqués
16:00 Pastoreo de cabras para a limpeza de terreos
A cargo da CMVMC O Fieitoso de Taragoña / Fousas ao monte
16:30 Roteiro comentado
Percorrido por zonas limpadas co rabaño ou cos traballos silvícolas, desde O Fieitoso ata Ourille, pasando por Paradela. Subida ata o Castro Barbudo para o recoñecemento do territorio. Duración aproximada de dúas horas e media.
A cargo da CMVMC O Fieitoso de Taragoña, Fousas ao monte, e obaixoulla.gal (Asociación Os Penoucos)
19:00 Magosto
—————————
A participación nas actividades do sábado non require inscrición
El Laboratorio Ecosocial do Barbanza cuenta con el apoyo de la Fundación Biodiversidad del Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) en el marco del Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia (PRTR), financiado por la Unión Europea – NextGenerationEU.