O Laboratorio Ecosocial do Barbanza convoca as "Xornadas por un monte vivo" en Rianxo a primeira fin de semana de outubro

O sábado 5 e domingo 6 de outubro celebraranse as “Xornadas por un Monte Vivo” en Rianxo, cunha programación chea de actividades para facer partícipe á cidadanía na xestión activa do territorio.

24 de septiembre 2024 — O Laboratorio Ecosocial do Barbanza impulsa esta fin de semana chea de actividades abertas á participación da cidadanía, que se celebrará o sábado 5 no Campo Maneiro de Taragoña e o domingo 6 de outubro nas inmediacións do Centro Cultural Vicente Vidal de Leiro.

As entidades socias do proxecto desenvolverán múltiples actividades nesta primeira fin de semana de outubro: sesións formativas e de divulgación, unha ruta comentada para visitar os traballos silvícolas dos montes da Plataforma, pastoreo do seu rabaño de cabras, traballos comunitarios e charlas, entre outras.

Estas xornadas convócanse unha vez superados os primeiros oito meses do proxecto ao abeiro da Fundación Biodiversidad do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO), como mostra a pequena escala dos avances do proxecto neste período. Tras ser seleccionado na convocatoria de bioeconomía forestal, o Laboratorio recibiu case 2 millóns de euros de fondos europeos para intervir nos montes de Rianxo cos obxectivos de xerar emprego e oportunidades económicas, conservar a biodiversidade e previr os incendios forestais.

 

Sábado 5 de outubro
Demostración, formación, divulgación, pastoreo e ruta comunitaria

A partir das 10.30 h no Campo Maneiro de Taragoña, Rianxo
Consulta a axenda detallada e o cartel da xornada

10.30 h – Almorzo e presentacións
11.00 h – Visita guiada ao espazo demostrativo do Fieitoso
12.15 h – Sesión formativa para a resinación de piñeiros
13.00 h – Obradoiro sobre a transformación de madeira con serradoiro portátil
14.00 h – Xantar comunitario
16.00 h – Pastoreo de cabras para a limpeza de terreos
16.30 h – Ruta comentada ata o Castro Barbudo
19.00 h – Magosto

Domingo 6 de outubro
Traballo comunitario, charlas-debate e festividade

A partir das 9.30 h nas inmediacións do Centro cultural Vicente Vidal de Leiro, Rianxo
Consulta a axenda detallada e o cartel d
a xornada

09.30 h – Traballos comunitarios (require inscrición)
09.30 h – Pintura mural e outras actividades dirixidas a nenos e nenas
12.30 h – Visita á plantación experimental de castiñeiros de Leiro
13.30 h – Obradoiro sobre a transformación de madeira con serradoiro portátil
14.30 h – Xantar comunitario (require inscrición)
16.10 h – Presentacións
16.30 h – Charlas-debate: O potencial da xestión comunitaria do monte
18.00 h –  Festividade

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

Coordinado pola Fundación RIA, o Laboratorio Ecosocial do Barbanza é un proxecto dedicado a promover a transición cara á sustentabilidade ambiental e a fortalecer a resiliencia na xestión territorial dos montes do Barbanza.

Noticias relacionadas