
Xornada de eliminación de acacia no monte de Paradela en Taragoña
O Laboratorio Ecosocial do Barbanza continúa a serie de convocatorias
de voluntariado ambiental en Rianxo, que nesta ocasión terá lugar no monte de Paradela, en Taragoña.
8 de xullo 2024 — O Laboratorio Ecosocial do Barbanza convoca unha nova xornada de voluntariado en Rianxo, actuando esta vez no monte de Paradela. A actividade terá lugar na mañá do sábado 27 de xullo e centrará o seu traballo na eliminación de acacia nos mananciais da traída de augas veciñal de Paradela.
A xornada está aberta á participación de todos os públicos e dará comezo ás 10 da mañá desde Paradela, Taragoña. É necesaria inscrición para participar, que deberá realizarse enviando un mail a info@montescola.org ata o xoves 25 inclusive. Ao rematar os traballos ofrecerase xantar de albaroque ás persoas participantes.
Coordinada por Montescola –entidade a cargo das actividades de prospectiva comunitaria, voluntariado e educación medioambiental do Laboratorio Ecosocial do Barbanza–, a xornada conta tamén coa colaboración da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Paradela.
—
