Xornada de eliminación de acacia no monte de Paradela en Taragoña

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza continúa a serie de convocatorias de voluntariado ambiental en Rianxo, que nesta ocasión terá lugar no monte de Paradela, en Taragoña.

8 de xullo de 2024 — O Laboratorio Ecosocial do Barbanza convoca unha nova xornada de voluntariado en Rianxo, actuando esta vez no monte de Paradela. A actividade terá lugar na mañá do sábado 27 de xullo e centrará o seu traballo na eliminación de acacia nos mananciais da traída de augas veciñal de Paradela. 

A xornada está aberta á participación de todos os públicos e dará comezo ás 10 da mañá desde Paradela, Taragoña. É necesaria inscrición para participar, que deberá realizarse enviando un mail a info@montescola.org ata o xoves 25 inclusive. Ao rematar os traballos ofrecerase xantar de albaroque ás persoas participantes. 

Coordinada por Montescola –entidade a cargo das actividades de prospectiva comunitaria, voluntariado e educación medioambiental do Laboratorio Ecosocial do Barbanza–, a xornada conta tamén coa colaboración da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Paradela. 

El Laboratorio Ecosocial do Barbanza cuenta con el apoyo de la Fundación Biodiversidad del Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) en el marco del Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia (PRTR), financiado por la Unión Europea – NextGenerationEU.

 

Noticias relacionadas

01/06/24 | O Laboratorio Ecosocial do Barbanza convoca unha nova actividade en Rianxo, que nesta ocasión terá lugar no monte de Campelo, o Vilar e Cerqueiras.
08/04/24 | O Laboratorio pon en marcha unha serie de xornadas de voluntariado no Barbanza co el obxectivo de implicar á cidadanía na recuperación da biodiversidade.
09/02/24 | O Laboratorio recibe 2 millóns de euros para a xestión sustentable do territorio, tras ser seleccionado na convocatoria de bioeconomía forestal de Fundación Biodiversidad.
10/03/24 | Xa está en marcha a plataforma de contratación, un portal de emprego verde para fortalecer a economía local do Barbanza.
27/02/24 | As seis entidades socias do Laboratorio Ecosocial del Barbanza reúnense en Rianxo para dar inicio a unha nova fase do proxecto ao abeiro da Fundación Biodiversidad.
08/06/24 | Continúa a serie de convocatorias de voluntariado ambiental en Rianxo, que nesta ocasión terá lugar no monte de Paradela, en Taragoña.