Falamos coa Cope da próxima xornada de deseucaliptización do Laboratorio​

Joám Evans, director de Montescola, conversou coa sección local da emisora sobre a razón de ser do proxecto e os detalles da xornada de voluntariado que terá lugar este domingo nos montes de Baroña.

26 de abril 2024 — Con motivo da segunda convocatoria de jornadas de voluntariado por parte del Laboratorio Ecosocial do Barbanza, este martes tivemos a oportunidade de compartir as ambicións do proxecto coa emisora local da Cope e dar a coñecer a acción de voluntariado, que lidera a Fundación Montescola.

Foi o director desta entidade, Joám Evans, quen conversou con Íñigo Landa para afondar nestas cuestións. Preguntado polo enfoque na xestión dos montes, Joám salientou a importancia de traballar pola súa multifuncionalidade:

“O monte non se usa só para plantar; o monte ofrece servizos ecosistémicos, é onde temos as traídas de auga, onde moita xente vai pasear, onde se vai por leña, onde temos gando, abellas, patrimonio cultural; tamén son infraestruturas verdes, como cortalumes á hora de protexer ou poñer en perigo as aldeas… Entón, dependendo da xestión que se faga no monte, a sociedade terá uns beneficios ou uns impactos negativos.”

Desde a Fundación Montescola e o Laboratorio Ecosocial do Barbanza, seguiremos impulsando espazos nos que observar, aprender e actuar vaian da man. Estas xornadas contribúen a reforzar a conexión entre coñecemento científico, saber local e coidado do territorio. Se formas parte dunha comunidade de montes do Barbanza e queres organizar un Bioblitz, podes escribirnos a: info@montescola.org.

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

Podes escoitar a entrevista completa aquí:

Noticias relacionadas