A casa e o común, unha relación simbiótica

O común e o individual, o monte e as hortas, dúas partes diferentes dunha mesma realidade. Dúas partes dunha simbiose que representa a historia de boa parte dos sistemas agrícolas galegos e da península do Barbanza durante séculos.

Agricultura, pastoreo e silvicultura foron históricamente tres partes de un sistema entrelazado en Galicia, fruto dun sistema entrelazado en Galicia, froito dunha relación necesaria entre os espazos comunitarios e os espazos privados. A casa non é só o edificio, é tamén unha microcomunidade con lóxicas propias na toma de decisións, nas relacións de cooperación e, por suposto, tamén de conflito. A dicotomía público vs privado difúmase a través dunha malla de relacións socioecolóxicas densas que van máis alá da separación individual vs colectivo. A casa e o monte comunal non son illas separadas, senón que forman parte dun sistema de interrelacións.

A casa e o monte comunal non son illas separadas, senón que forman parte dun sistema de interrelacións que sosteñen unha economía autosuficiente, a cal permitiu o mantemento da poboación das comunidades da península do Barbanza e de Galicia.

O monte era esa gran superficie que servía para a produción de madeira ou para o aproveitamento do mato. Entre as distintas tipoloxías de mato, era especialmente destacable o toxo (Ulex). Este, recollido do monte e unha vez seco, convertíase na cama dos animais da corte e logo, ao mesturarse coas deposicións dos animais, transformábase nun esterco que achegaba unha extraordinaria fertilidade a uns solos pobres como os que, en xeral, caracterizan a Galicia e, en particular, o Barbanza.

O feito de que o monte fose un sistema de aproveitamento de recursos comúns en simbiose coas terras privadas de cada casa permitía a intensificación agrícola que facía posible a alta produtividade da agricultura galega sen ter que depender da importación das grandes cantidades de fertilizante que hoxe en día sosteñen as explotacións agrarias. A casa e o común constituían as bases dunha economía autosuficiente que permitiu o mantemento da poboación das comunidades da península del Barbanza e de Galicia.

A ubicación das tres áreas de estudo na península do Barbanza

Se baixamos á realidade vemos casos como o de Froxán, no concello de Lousame, o arquetipo de “coto redondo”; un sistema dunha aldea na que as casas tiñan a corte debaixo e as hortas ao lado, estando o privado de cada casa rodeado polos terreos comúns que lle daban sustento.

Por outro lado, Baroña (concello de Porto do Son), un lugar pegado ao mar, máis poboado, e no que as diferentes aldeas estaban moito máis xuntas. O espazo de monte común vincúlase neste caso á parroquia e non a cada aldea, feito que se explica polas posibilidades diversas que ofrecían os terreos anexos a cada unha das unidades de poboación que compoñían dita parroquia. Neste caso, o territorio común que servía de soporte ás economías familiares era moito máis extenso, así como moitas máis as casas que se servían del.

Mais non son só os montes espazos comunais, hai outros territorios cuxo uso é do común e nos que se dá unha gobernanza. A comunidade dotábase dunha serie de normas, había unha toma de decisións nas que se explicitaban sistemas de reparto ou de recollida entre os veciños. E iso acontecía tamén nas Brañas de Laíño, no concello de Dodro, onde os habitantes das parroquias de San Xoán de Laíño, Dodro e Laíño complementaban o aproveitamento do monte comunal con estes humidais. Eran un claro exemplo de explotación de recursos comúns para as economías familiares, permitindo a recollida de herba ou o uso gandeiro da propia braña (humidal).

As achegas dos espazos comúns ás casas van tamén dende a enerxía calorífica, que supón a leña, ata os materiais para a construción, que aforraban ás economías familiares. Aurita Cao e Carmen Creo, veciñas de Froxán, na parroquia de Vilacoba, cóntannolo nesta entrevista:

A relación simbiótica que se establece entre a casa e o común é bidireccional: os beneficios non eran só para a familia, para a casa. Este feito reflíctese ben na crítica que fai Anxo Angueira, veciño do lugar de Manselle, na parroquia de Laíño, e entrevistado neste proxecto. El cuestiona o concepto de “preservación total sen cidadáns”, considerando que o abandono da braña alterou negativamente o ecosistema ao non permitir, na actualidade, o uso veciñal da Braña. Segundo el, a biodiversidade á que hoxe se lle dá valor é tamén produto da man dos seres humanos, polo que se pregunta que mundo queremos ver para o futuro. A preservación dos ecosistemas pode garantirse a través do manexo por parte dos veciños. Uns espazos que, a través do aproveitamento sustentable, poden ser menos propensos tanto aos lumes como a outros problemas ambientais e que ademais se converten en espazos máis biodiversos e multifuncionais. A perda da relación entre a casa e o común provoca á vez a perda da multifuncionalidade do territorio.
 
As achegas dos espazos comúns ás casas van tamén dende a enerxía calorífica, que supón a leña, ata os materiais para a construción, que aforraban ás economías familiares. Aurita Cao e Carmen Creo, veciñas de Froxán, na parroquia de Vilacoba, cóntannolo nesta entrevista:

Esta relación simbiótica de achega ás economías privadas e de aproveitamento multifuncional dos espazos comúns chegaba incluso a través do ámbito laboral fóra dos agroecosistemas. Claro exemplo disto é o que acontecía en Baroña, onde moitas persoas se gañaban a vida no mar, que tamén estaba conectado co monte. Ramón Vila Queiruga, do lugar de Penas na parroquia de Baroña, cóntanos nunha entrevista como a familia da súa muller eran boureleiros, quen facían aparellos de pesca co cortizo dos sobreiros. Pero, como sinala Ramón Vila Queiruga, o mar tamén era un espazo común, pois fornecía ás casas diversos tipos de algas. Esta biomasa servía para fertilizar as terras ou tamén, como no caso das “carrouchas de mar”, vendíase fóra, xa que tiñan usos medicinais.

A preservación dos ecosistemas pode garantirse a través do manexo por parte dos veciños. Uns espazos que, a través do aproveitamento sustentable, poden ser menos propensos tanto aos lumes como a outros problemas ambientais e que ademais se converten en espazos máis biodiversos e multifuncionais. A perda da relación entre a casa e o común provoca á vez a perda da multifuncionalidade do territorio.

Mais a relación entre a casa e o común non fica aí. Non só o monte ou as brañas eran os elementos comúns que servían para vertebrar os sistemas económicos comunitarios. Os muíños, as eiras de mallar ou os lavadoiros e fontes eran outros dos elementos que se utilizaban e/ou xestionaban de forma comunitaria. Queda pendente por desentrañar esas tomas de decisións que se daban na casa á hora da xestión comunitaria destes espazos. Na casa tamén existían desequilibrios de poder. Ao longo de diferentes textos continuará abríndose un debate que incide no doméstico, e iso tamén é político.

Publicaciones relacionadas