Os estudos de caso (I): As Brañas de Laíño

Localizadas á beira do río Ulla, xa no seu curso final, ben preto da desembocadura na ría de Arousa, as Brañas de Laíño (Dodro) representan unha das maiores zonas húmidas de Galicia. Historicamente o seu uso foi comunal, aínda que na actualidade non son recoñecidas oficialmente como espazo comunal, como é o caso dos montes de Baroña ou de Froxán, nin teñen actualmente manexo por parte dos veciños.

As intervencións recentes que se deron neste espazo foron, polo tanto, de tipo biolóxico e coordinadas desde a administración estatal.

As Brañas de Laíño conforman unha área de especial valor en termos ambientais, hábitat de numerosas aves, algunhas delas cun estado de conservación preocupante ou mesmo ameazadas, o que a levou a ser distinguida como LIC (Lugar de Interese Comunitario) e a ser merecedora de protección pola Rede Natura 2000, actualmente ZEC (Zona de Especial Conservación). No que respecta ao seu manexo e titularidade, tras a concentración parcelaria impulsada polos veciños pasaron, anos máis tarde, a estar afectadas pola Lei de Costas do Estado, un proceso de apropiación e restricción de usos cuxa conflitividade e consecuencias teranse que calibrar. As intervencións recentes que se deron neste espazo foron, polo tanto, de tipo biolóxico e coordinadas desde a administración estatal. Esta é a grandes rasgos a situación actual, mais historicamente, as brañas foron outra cousa.

Non é casual que en Laíño se fundasen dúas das primeiras cooperativas leiteiras de Galicia (1932); tampouco que enfronte si ubicase a Nestlé (1933); e que a exportación do gando, como é o caso dos bois cebóns, fose tan relevante dende o século XIX.

Esenciais para o funcionamento do agroecosistema nas parroquias de Laíño (San Xoán e San Xulián) e Dodro (Santa María), as brañas estaban divididas en dúas grandes áreas. A parte máis próxima ás aldeas eran as chamadas campías, cuxo uso —por exemplo, para a plantación de cereal— estaba vinculado a cada casa, mentres que a zona que se atopa máis perto do río é a propia braña, de manexo colectivo é recoñecida polo gran valor da súa herba, óptima para a cría de gando. Non é casual que en Laíño se fundasen dúas das primeiras cooperativas leiteiras de Galicia (1932); tampouco que enfronte si ubicase a Nestlé (1933); e que a exportación do gando, como é o caso dos bois cebóns, fose tan relevante dende o século XIX. Porén, a pesar de todo isto, hoxe en día a situación das brañas pode ser resumida cunhas palabras ben distintas: abandono e caos.

Publicacións relacionadas