A aldea e a parroquia como unidades territoriais básicas en Galicia (2). Como son hoxe as parroquias?

A estrutura territorial de Galicia, coas parroquias e as aldéas como células básicas da súa organización, mantén case intacto o seu carácter produtivo ata mediados do século XX. O conxunto da veciñanza é o que define o modo de habitar o territorio, así como a súa co-evolución sociedade-natureza. En Galicia non hai maior incidencia na organización do territorio que a dos propios veciños e veciñas, nin o Estado, nin a Igrexa ou o Mercado afectaron tanto aos modos de habitar como as propias necesidades e usos dos seus habitantes. De aí que na actualidade, grosso modo, 1’7 millóns de galegos sexan propietarios de fincas rústicas, dous tercios dos habitantes, o 66%, nada menos, O que os grandes espacios de monte sobrevivían en mans dos propios veciños a través dos montes veciñais en man común, que suponen un 22% da superficie forestal de Galicia, e ata un 36% do Barbanza

O acceso á auga ou a adaptación aos diferentes espacios ambientais ou edafolóxicos pudieron provocar a fragmentación excesiva da terra que, en vistas do desenvolvementismo, considérase como ineficiente. Ese debate foi callando na nosa sociedade ata chegar a asumirse de forma colectiva que esta forma de asentarse no territorio é resultado dun suposto atraso. Volver a poner a atención nos labregos que habitaban o territorio, aprendendo desa intelixencia colectiva, permitiranos comprender as lóxicas que existían, as relación de dependencia e os mecanismos de innovación que se deron ao longo dun proceso coevolutivo da sociedad eco seu territorio.

A relación entre os habitantes e o seu soporte territorial sufriu as maiores transformación dende mediados do século XX ata a actualidade. Algúns destes cambios diluiron e distorsionaron a estructura tan clara que presentaban as aldeas e parroquias tradicionalmente, resultando na desaparición da súa autosuficiencia.

Este “vello complexo agrario galego”, estudado por Bouhier na década dos setenta, sufriu grandes alteracións, motivadas a grandes trazos polo Franquismo, a Revolución Verde e as políticas agrarias da UE. Como sinala Lourenzo Fernández Prieto “A Galicia actual, vista por un historiador agrario contemporáneo, é un territorio dominado polo abandono rural e agrario: polo abandono do medio rural e a desagrarización do territorio. Visto o abandono por un paisano de certa idade, experiencia e memoria, campesino ou campesiña de oficio ou de orixe, é un territorio desaproveitado”.

Aínda así, a día de hoxe, podemos identificar fácilmente varios modos de vida, onde antes había o modo de vida produtivo. É posible atopar hoxe lugares poboados nos que a base territorial está en abandono e viceversa, onde produtores de maior tamaño buscan terras produtivas en territorios despoboados. A partir da clasificación elaborada por Colectivo 1aun (2017) no marco do curso de verán “Habitar O Campo en Galicia”, os modos de vida na actualidade poderían clasificarse en sete:

Adaptación dos diagramas elaborados por Colectivo 1aun sobre os modos de vida actuais nos espazos rurais de Galicia para “Habitar o Campo en Galicia”
  • Produtivo: Enmarca a súa actividade principal no sector primario. A explotación do terreo adoita ser diferente á tradicional, posto que ten maior escala e presenta unha maior especialización. Mantén a vivienda como elemento estruturante da actividade económica.

  • Híbrido: Complementa a súa actividade no sector primario con actividades doutro carácter, necesarias para o mantemento doméstico. O seu impacto territorial é, polo xeral, menor ao do produtor, dada a non exclusividade do sector primario como actividade, pero mantense en niveis altos e adoita soportarse en explotación de orixe tradicional, que garantizan formas orgánicas de producción non afectadas polo salto desenvolvementista. Como demostraron Carral Carreira (2014), a chamada “agricultura invisible” supón unha gran componente económica que non se contabiliza na estatística oficial.

  • Xubilado: Unha modalidade que non transforma sustancialmente o territorio, aínda que contribúe a manter as formas orgánicas (tradicionais) con moito vigor. Neste caso, os habitante levan a cabo tarefas agrícolas de pequena escala.

  • Temporal: Neste caso os usuarios non son habitantes habituais, aínda que acoden frecuentemente, establecendo lazos sociais co resto da aldea. Tamén establecen unha relación directa co soporte físico realizando tarefas de mantemento e explotación esporádica das terras produtivas.

  • Non agrario: É aquel que a pesar de manter a súa residencia en lugares que conservan a súa estructura territorial tradicional, non desenvolven actividade no sector primario. Este modo de ocupación do territorio fundamenta a súa actividade na provisión de servizos e adoitase estruturar arredor de estradas.

  • Suburbano: O modo suburbano adoita aparecer nas aforas das áreas urbanas e é o que presenta menos vínculos co territorio. A actividade dos seus habitantes desenvólvese lonxe da propia vivienda e o territorio vencellado con potencial produtivo, fomentando os desprazamentos en vehículo privado.

A relación entre os habitantes e o seu soporte territorial sufriu as maiores transformación dende mediados do século XX ata a actualidade. Algúns destes cambios diluiron e distorsionaron a estructura tan clara que presentaban as aldeas e parroquias tradicionalmente, resultando na desaparición da súa autosuficiencia. A pesar dos cambios nos modos de vida, polo xeral mantivéronse toda unha serie de valores comunitarios que só se entenden dende unha perspectiva social. Do pasado de Galicia podemos extraer varias leccións para o futuro. As políticas de desenvolvemento rural que se favorezan dende as administración deben ser conscientes das lóxicas propias de cada territorio. A imposición de fórmulas alleas, se non teñen en consideración estas lóxicas propias, producirá conflitos que contribuirán a un maior abandono e ao consecuente despoboamento que xa están a sufrir os espazos rurais. Son precisamente ditas lóxicas as que deron sentido á estructura territorial de Galicia e, en consecuencia, as que deben servir como claves para imaxinar estratexias que deseñen un futuro produtivo que garanta a sustentabilidade económica, pero sobre todo a socioambiental.

Referencias bibliográficas

Publicacións relacionadas

01/06/24 | O Laboratorio Ecosocial do Barbanza convoca unha nova actividade en Rianxo, que nesta ocasión terá lugar no monte de Campelo, o Vilar e Cerqueiras.
Máis ca leña: como pensar o monte de novo? Laboratorio Ecosocial do Barbanza – HISTAGRA / GESPIC Ás veces unha iniciativa aparentemente pequena, se a ollamos en termos de superficie …
10/03/24 | Xa está en marcha a plataforma de contratación, un portal de emprego verde para fortalecer a economía local do Barbanza.
O Laboratorio Ecosocial do Barbanza, construído entre o Grupo Histagra e a Fundación RIA, é un espazo pioneiro de investigación e acción que pretende afianzar propostas ecoagroinnovadoras que axuden a transitar o territorio cara prácticas máis sustentables.
O ámbito no que se desenvolve o proxecto do Laboratorio Ecosocial é o Barbanza, península situada entre as rías de Noia e Arousa, un territorio cunha considerable densidade poboacional e cunha fonda antropización.
A Comunidade de Montes de Baroña (Porto do Son), xestiona 846 hectáreas. Na súa asamblea son 186 as casas que constan como comuneiras e no seu manexo fan unha clara aposta polo aproveitamento multifuncional do monte.