A aldea e a parroquia como unidades territoriais básicas (1)
A aldea foi durante séculos a unidade territorial básica en Galicia, é dicir ese lugar circundante á casa, onde os habitantes forman parte dunha veciñanza compartida, hai un sentimento de pertenenza e identificación como lugar simbólico-identitario. Esta “unidade mínima” dispoñía así mesmo dunha base material produtiva e de certo xeito autosuficiente. É a aldea o lugar primario de sentimento de pertenza e isto perdurou ata a actualidade. A Igrexa adaptouse a esta relación simbólico-material co territorio e creou igrexas e santos en cada aldea, o que levou a que de cotío a aldea e a parroquia sexan sinónimos.
Esta “unidade mínima” dispoñía así mesmo dunha base material produtiva e de certo xeito autosuficiente. É a aldea o lugar primario de sentimento de pertenza e isto perdurou ata a actualidade.
Con todo, moitas das lóxicas que lle daban sentido apenas son lexibles hoxe en dia por mor das transformacións ás que se viu sometido este espazo durante o último século. Antes de explicar a relación entre as partes que fan da parroquia a célula produtiva estruturante do territorio, é preciso saber cómo evolucionario os asentamientos ata o momento da súa consolidación. Somoza (2015) identifica tres etapas previas a este momento:
- Arredor do ano 3.000 a.C os asentamientos consistían en poboados temporais na costa e seguindo os cursos da auga cara o interior (Eguileta, citado en Somoza, 2015). A sociedade de entón dedicábase á recolección, á caza e á gandaría de trashumancia.
- Arredor do 800 a.C os asentamientos consolídanse, conectándose entre sí por caminos. Son poboacións que desenvolven a agricultura de cereais e legumes e a gandaría. Cara o século II gran parte destes asentamientos quedarán abandonados.
- Entre os séculos II e X fórmanse aldeas centrais con caseríos que crecen agregados ata certo momento de consolidación, do século VII ao século X. A partires dese momento xurdirán novas aldeas, pasando dun hábitat agregado a un polinuclear (Sánchez Pardo, citado en Somoza, 2015).
Chegados a este punto, as comunidades organízanse en parroquias, das que xa existen datos no rexistro Parochiale de 569 d.C., que recolle o reparto de igrexas a administrar polos bispos e enumera os territorios ocupados antes da dominación romana. Non foi a igrexa a que fixo a parroquia, snón que esta xa existía como forma de agrupación dunha colectividade (Fariña Jamardo, citado en Somoza, 2015).
A parroquia comprende un espazo que abrangue a superficie necesaria para o sustentu dunha veciñanza e pódese entender como a unidade de explotación básica do territorio.
A parroquia, segundo Dalda (citado en Somoza, 2015), comprende un espazo que abrangue a superficie necesaria para o sustentu dunha veciñanza e pódese entender como a unidade de explotación básica do territorio. Para entender por que se considera a a parroquia a unidade de explotación básica é necesario coñecer as componente da súa estructura interna (Colectivo 1AUN, 2017).
A casa: A casa acolle a compañía, que está composta por diferentes xeracións dunha mesma familia que habitan, normalmente convivindo co gando, un único espazo e configuran unha unidade produtiva básica.
Hortas: Pequenos espazos de horticultura adxacentes ás casas complementan a producción de alimento comunal. Nalgúns lugares coñecense como cortiñas.
Aldea: A aldea é máis que un simple conxunto de vivendas, xa que tamén contén unha serie de espazos de producción agrícola que son absolutamente indisociables da casa. As aldeas considéranse unidades territoriais completas pero insuficientes, de aí a necesidade de cruces e intercambios con outras aldeas limítrofes ou vilas e ciudades. Non son illas no medio do territorio, senón que hai un entramado de interrelacións que é o que permitiu que estas sigan vixentes na actualidade.
- Eidos: Os eidos fan referencia aos ámbitos de terras produtivas vencelladas a unha ou varias aldeas. A morfoloxía e dedicación destas varían segundo o soporte xeomorfolóxico, deste modo, segundo Bouhier (citado en Colectivo 1AUN, 2017), en Galicia atopamos 5 tipoloxías de espazos produtivos: socalcos, pechados, openfields, viñedos en socalcos e agras.
A función das terras produtivas varía segundo a súa situación respecto aos cursos da auga. O monte baixo cumpre unha función fundamental no sistema da aldea. Ademáis de ser unha fonte de enerxía (leña de toxo), pastan animais (ovellas), pero sobre todo se recolle o toxo verde (molime), que se utiliza fundamentalmente para as camas do gando (estrume), o que xera o principal método de fertilización (esterco) dos terreos agrícolas. O monte alto, pola contra, proporciona froitos para a alimentación e madeira para a construción. - Monte veciñal: A comunidade, os veciños da aldea, contan cun espazo de monte, cuxa propiedade e xestión é comunal, onde se desenvolven aproveitamentos de monte baixo fundamentais para a recollida de leña, para a fertilización de terras e para o pasto de animais. A relación casa-comunal é clave para entender as lóxicas do manexo do territorio. Na actualidade, os montes veciñais en man común ocupan un tercio do espazo de monte de Galicia.
Outros elementos comunitarios: Na parroquia hai outros lugares comunitarios como a igrexa, ou o campo da feira, onde teñen lugar as festas e os mercados, espazos mercantís de intercambio de produtos.
Este esquema permítenos entender a parroquia como unha unidade completa e autosuficiente, cuxas partes teñen vocacións reprodutivas e produtivas e un certo equilibrio entre moradores e territorio, para lograr así un manexo sustentable.
Referencias bibliográficas
- COLECTIVO 1AUN: GARCÍA CAMBA, R.; GONZÁLEZ LÓPEZ, J.; GONZÁLEZ SOMOZA, V.; RÍO GONZÁLEZ, D.; SEIXO, F.; VÁZQUEZ SÁNCHEZ, J. (2017): Habitar o campo en Galicia. Relación entre modos de vida y soporte territorial
- SOMOZA MEDINA, M (2015): La forma de las estructuras agrarias tradicionales: relaciones con la agricultura ecológica. “Identidades: territorio, proyecto, patrimonio”, Julio 2015, núm. 5, p. 115-135.